lunes, 21 de abril de 2008

Un auténtico estímulo á lectura

Luns, 21 de abril de 2008.


Neste fin de semana que pasei en Madrid lín con moito interese coma sempre os textos da campaña de fomento da lectura "Libros a la calle", iniciativa que poñen en marcha o gremio de editores e o gremio de libreiros de Madrid e CEDRO en colaboración co Consorcio de Transportes da Comunidade de Madrid e a Empresa Municipal de Transportes, Cercanías RENFE e Metro de Madrid, xunto coas tres administracións: autonómica, municipal e estatal. Esta campaña, sinxela e intelixente, tenta de facer de cada viaxeiro un lector potencial que aproveita un tempo no bus ou no metro para ler uns textos breves pero moi ben elexidos tanto pola súa variedade xenérica(narrativa, poesía, teatro) como pola amplitude histórica e a calidade dos mesmos. Eu sempre que vou a Madrid percuro os textos, e trato de adiviñar a que todo pertecen o quen son os seus autores. É moi grato comprobar como se disparan as emocións que levan engadidos determinados textos, algúns case xa esquecidos e outros sempre presentes na memoria. Nesta vez chamoume a atención un poema, bilingüe, en Madrid, sí señor, de Celso Emilio Ferreito, e para que conste pego o cartel neste blog:
http://www.librosalacalle.com/web/

Noraboa a todos os que participan nesta campaña e, de paso, xa vai sendo hora de que en Galicia se faga algo semellante. É ben doado.

Para os que desexen ver os textos da campaña:http://www.librosalacalle.com/web/ no apartado Textos, tamén podese entrar nos textos das campañas anteriores.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Nice fill someone in on and this mail helped me alot in my college assignement. Thanks you seeking your information.