martes, 6 de mayo de 2008

Fernando Marías estivo con nós

Fernando Marías

Aviación Republicana
POLIKARPOV I-15 ("CHATO")






Aviación nacional
Savoia-Marchetti SM-81 ("Pipistrello")
O pasado mércores, 29 de abril, o escritor Fernando Marías compartiu uns momentos cos alumnos de 3º e 4º de ESO.
O acto foi organizado polo departamento de Lingua castelá e Literatura.
Despois dunha breve presentación por parte de dúas alumnas de 4º curso, o novelista comezou a falar da súa obra Cielo abajo, editorial Anaya, coleción Espacio Abierto, 2005, pola que recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 2006.
De forma moi amena e cunha gran viveza no relato o autor tratou tres aspectos básicos da súa obra. En primeiro lugar falou de toda unha morea de libros nos que pescudou sobre os combates da guerra civil e, en especial, a relativa o loita no ar da aviación. Confesou que a mellor decisión que tomara foi a de voar nunha avioneta de aluguer perto de Madrid. A esperiencia de voar foi tan intensa que lle cambiou a forma de ver a realidade e foi fundamental para a elaboración da novela.
Un segundo aspecto básico xurdiu dunha pregunta que se fixera sobre o miragre da resistencia de Madrid ante o ataque das forzas nacionalistas.
Esto levoulle a descubrir e estudiar a fondo a vida e personalidade do xeneral Rojo, un exemplo de fidelidade ás crenzas democráticas. E o terceiro aspecto básico sobre o que se fundamenta a súa novela é o papel das mulleres na guerra civil, que está representado polas tres Constanzas.
Os alumnos seguiron con moita atención as razóns que iba aportando o escritor.

Ao final houbo un breve coloquio que amosou o grado de profundidade de lectura de algúns alumnos, o que lle sorprendeu ao novelista.
Tras o merecidos aplausos pola súa entretida charla, Fernando Marías asinou exemplares da novela lida polo alumnos.