lunes, 18 de febrero de 2008

Técnicas de estudio

Luns, 18 de febreiro de 2008



















Cando o alumnado no obtén boas calificacións ao facer un traballo ou un examen, botan a culpa á falta de preparación para desenvolver as súas tarefas, é decir, decatanse de que non empregan unhas boas técnicas de estudio e de traballo.

Por iso imos hoxe falar dun libro que pode aforrar moito tempo e moitos erros. O seu autor é
Miguel SALAS PARRILLA: Técnicas de estudio para enseñanzas medias y universidad, Alianza Editorial, col. de bolsillo, precio 10 euros.


É un libro fundamentalmente práctico que explica de maneira sistemática todos os problemas relacionados co estudio:
Onde estudiar. A importancia do lugar de traballo. Con música?
Como distribuir o tempo. A importancia dun horario.
Como estudiar. Frecuencia do estudio. Como memorizamos.
Como facer un esquema, un resumen, unha exposición oral e escrita
Como preparar os exames.
Como potenciar a memoria. Regras mnemotécnicas.
Como facer un traballo de investigación.

O libro da respostas a todas estas pregunta e a outras relacionadas co traballo intelectual do alumnado. Para cada apartado ofrece algún exemplo concreto e acompañan ao texto ilustracións que fan fincapé no que se quere demostrar.
Se alguén quere consultar esta obra da que hai varios exemprares, está a súa disposición na biblioteca do noso centro no armario de Lingua española.





Ademáis en internet podense atopar moitos sitios nos que hai información sobre as técnicas de estudio. Unha páxina interesante e con moitas aplicacións son as seguintes:



http://www.tecnicas-de-estudio.org/tecnicas/index2.htm

http://comoestudiar.iespana.es/
Esta é unha páxina moi amena.

http://personales.ya.com/raulprofe/tecnicas/index2.html

http://www.xtec.es/~cdorado/cdora2/esp/index.htm (Cómo tomar apuntes).