jueves, 13 de marzo de 2008

Marcha da bicicleta

Xoves 13 de marzo de 2008



Hoxe celebrase a IV Festa-Marcha escolar da bicicleta en Pontevedra. Varios institutos da cidade e de Marín participan nesta marcha reivindicativa do uso da bici na vida diaria. Queremos que a bici sexa un medio de transporte san e anticontaminante como de feito é en moitísimas cidades do mundo. Sabemos que o máis importante é o cambio de mentalidade tanto dos usuarios como dos poderes públicos. A bici pode modificar os habitos dos cidadáns e facer a vida cotián máis agradable e menos estresante.

Para darlle máis participación dos alumnos o IES A Xunqueira 2 convocou un concurso de deseño de imaxes sobre o uso da bici. Os traballos están expostos no vestíbulo do noso centro. Noraboa aos gañadores.

O gran Indurain estará hoxe pola mañá en Pontevedra. Aproveitamos a ocasión para mandarlle un saúdo.

Unha aperta aos organizadores e a todos os participantes.

Para completar esta nova recollemos uns cantos libros, aínda que non hai moita produción sobre Literatura e bicicleta.

Javier Garía Sánchez: El Alpe d'Huez.




Javier García Sánchez
Blogueiros da bici:
http://www.lapruebadelabicicleta.com/
http://www.pedalibre.org/
http://www.bacc.info/webesp/index.htm Bicicleta club de Cataluña

http://www.amigosdelciclismo.com/vivac/ consellos para os que viaxen en bicicleta.
http://www.idiomaydeporte.com/images/cuentociclo.jpg&imgrefurl=http://www.idiomaydeporte.com/cuentociclo.htm