miércoles, 30 de enero de 2008

¿Como cifrar as túas mensaxes?

Mércores 30 de xaneiro de 2008 Texto cifrado proposta a Poe para que o descifrase.

Kryptos escultura con mensaxes cifrados de James Sanborn en Langley

(Virginia, EEUU) sede da CIA.

A imaxe orixinal en : historycus.blogspot.com/2007/10/worlds-10-anc...

Máis dunha vez terás visto nunha película ou nunha serie de televisión algunha mensaxe cifrada para mandar datos importantes ou segredos.

Se tes interés podes consultar nas enciclopedias (wikipedia, etc.) os sistemas máis doados para codificar e protexes as mensaxes.
Na literatura hai exemplos, algúns verdadeiramente felices do emprego destas técnicas.
Na biblioteca do instituto poder ler o relato de E. Allan Poe, O escarabello de ouro, que é un magnífico exemplo do que estamos a dicir polo uso dun sistema para cifrar e pola intelixencia do protagonista para atopar as claves que permiten ler e saber que di un manuscrito.

Se queres saber algo máis, podes acceder a un texto de Poe onde reflexiona sobre A criptografía
no volumen Ensayos e críticas, Alianza Editorial, libro de bolsillo, Madrid, 1973, págs. 222-237.
Tamén:http://www.servicioweb.cl/articulos/poe.htm

Como curiosidade na seguinte páxina podes probar un sistema de cifrado:

Escribes ou copias un archivo e despóis enches o espazo do contrasinal(mellor si é longo, por exemplo varias verbas , pode ser algúns versos de canción misturados), premes espazo encode text e terás o texto codificado; e si lle das ao espazo decode text voltará o texto inicial.