miércoles, 28 de noviembre de 2007

Descubrimentos e inventos

Mércores 28 de novembro de 2007

Para que os alumnos e as alumnas do primeiro ciclo de ESO se animen a consultar enciclopedias aquí van estas preguntas sobre Descubrimentos e inventos:
1. ¿Cando se inventou o microscopio e por quen?
2. Para medir o tempo o home ten moitos aparellos, pero ¿cando apareceron o reló de auga, o reló de area e o reló mecánico de pesas?
3. Todos sabemos que é un colt pero ¿quen inventou o revólver?
4. Antes de 1914 as mulleres non usaban o sostén, ¿sabes por que?
5. Todos temos discos compactos (cedés) na nosa casa. ¿Cando apareceron?
6. Os teléfonos móbiles están prohibidos no noso centro, pero seguro que sabes cando se inventou o teléfono.

Por si non atopas a información na túa enciclopedia podes consultar estas páxinas web:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Especial:Search?search=inventos
Galipedia, Wikipedia en galego.
http://losinventos.iespana.es/
Ten información sobre os inventos do século XX.
http://www.edufuturo.com/educacion.php?c=2636
Inventos como o carro, a fotografía, os robots, etc.
http://www.portalplanetasedna.com.ar/descubrimientos.htm
A pólvora, a imprenta, o papel. Ademais hai moitas seccións interesantes e xogos de inxenio.
http://www.educar.org/inventos/lineadeltiempo/default.asp
Cronoloxía dos inventos.
http://www.educar.org/inventos/inventos.asp
Inventos e inventores.
http://www.canalciencia.com/ligazons.htm
Canalciencia en galego sobre as novas da ciencia.Moitos vínculos.