jueves, 29 de mayo de 2008

Libros de teatro dos séculos XIX e XX




Xoves, 29 de maio de 2008

Teatro dos séculos XIX e XX:

ZORRILLA, J.: Don Juan Tenorio. Cátedra.
MUSSET, A. de: Lorenzaccio.
BÜCHNER, G.: Woizeck./La muerte de Dantón.
IBSEN, H.: Casa de muñecas. Austral.
STRINDBERG, A.: La señorita Julia.
CHÉJOV, A.: El jardín de los cerezos.
--------
SHAW, B.: Pigmalión.
WILDE,O.: El abanico de Lady Windermere.
www.e-libro.net/E-libro-viejo/gratis/windermere.pdf
WEDEKIND: Lulú.
O'NEILL, E.:Deseo bajo los olmos.
JARRY, A.: Ubú, rey.
PIRANDELLO, L.: Seis personajes en busca de un autor.
-Seis persoaxes á procura de autor.
BRECHT, B.: Madre Coraje y sus hijos. Alianza Editorial
CAMUS, A.: El malentendido. Alianza Editorial.
IONESCO, E.: La cantante calva. Alianza Editorial
WEISS,P.: Marat/Sade.
WILLIAMS, T.: Un tranvía llamado Deseo.
MILLER, A.: Muerte de un viajante.
Para atopar libros de teatro. Hai que rexistrarse para poder baixar os textos de autores de todas as épocas.

lunes, 26 de mayo de 2008

Para os que non lén a revista Código Cero


Luns, 26 de maio de 2008


No noso Instituto recibese a revista Código Cero aínda que parece que o alumnado non se preocupa moito por botarlle unha simple ollada. Para os que consultan este blog recollo parte da información que se da completa na revista, especialmente os enderezos máis interesantes. Este número de abril-maio, nº 61, adicase a festividade das Letras galegas en internet.


Para os preguizosos o enderezo da revista na edición dixital: http://www.codigocero.com/




A biblioteca virtual galega con fichas sobre X. María Álvarez Blázquez


http://www.culturagalega.org/ Do Consello da Cultura Galega





Novas recomendacións de libros de teatro










Luns, 26 de maio de 2008


Continuamos coas suxerencias para ler libros teatro.


Século XVIII



MARIVAUX: El juego del amor y del azar/La doble inconstancia.

BEAUMARCHAIS, P.A. de: Las bodas de Fígaro/El barbero de Sevilla.


GOLDONI: La posadera.


MORATÍN, L.: El sí de las niñas. Cátedra.


GARCÍA GUTIÉRREZ: El trovador. Cátedra.


GOETHE, W.: Fausto. Cátedra Letras Universales.


SCHILLER, F.: Los bandidos/Don Carlos.


------------------

Na WEB:








viernes, 23 de mayo de 2008

Un gran libro para interesarse polos estudios filolóxicos


Venres, 23 de maio de 2008


Acabo de ler un libro que aconsello a todas as persoas que teñan interés pola lingua. O autor, V. Klemperer, un profesor de lingua francesa alemán, tivo que vivir a terrible experiencia do nazismo, por ser xudeu. No seu libro: LTI ( Título en latín de A lingua de tercer Reich), apuntes de un filólogo, editorial Minúscula, Barcelona, 2001, vai estudiando con paciencia os rasgos característicos da lingua do nazismo. O estudio misturase coa vida cotiá do autor e da súa dona que pasan por enormes dificultades mesmo para conseguir libros porque os xudeus non podían ler nas bibliotecas públicas. Recomendo o libro tanto polo seu valor científico como polo testimonio de humanidade e razón dun home nunha época de barbarie.

jueves, 15 de mayo de 2008

Libros de teatro




Xoves 15 de maio de 2008




Despois da mostra de libros de teatro imos elaborar unha lista de libros de teatro recomendados. Xa se sabe que hoxe non se len moitos libros de teatro por moitas razóns. Hai anos o interés de moita xente polo teatro era doble porque asistía ás representacións e ademais lía textos teatrais en moitos grupos de teatro aficionado. Por outra banda, había varias editoriais de libros de teatro, que publicaban libros baratos.


Actualmente nas editoriais máis importantes podemos encontrar obras de teatro de todas as épocas. Nalgunhas colecións editanse os textos bilingües, por exemplo, as obras de Shakespeare en Cátedra, Letras Universales. E si non podemos atopar o libro desexado sempre queda a percura na rede, onde nas distintas bibliotecas virtuais aparecen obras de teatro.

Lecturas de teatro:
Los grandes trágicos griegos:
SÓFOCLES: Edipo Rey. Cátedra, Letras Universales/Editorial Gredos/Akal/Alianza Editorial.
ESQUILO: La Orestiada. Cátedra Letras Universales/Editorial Gredos/Akal/ Alianza Editorial.
EURÍPIDES: Las bacantes. Cátedra, Letras Universales./Edit. Gredos/Akal/Alianza Editorial.
La comedia:
ARISTÓFANES: Lisístrata. Cátedra, Letras Universales.
----
PLAUTO: Comedias. Cátedra, Letras Universales.
----------
SHAKESPEARE,W.: Hamlet. Cátedra Letras Universales
- Macbeth
- La tempestad
- El rey Lear
LOPE DE VEGA, F.: El caballero de Olmedo. Cátedra.
-Fuenteovejuna. Clásicos Castalia.
- El perro del hortelano. Castalia.
CALDERÓN DE LA BARCA, P.: La vida es sueño. Cátedra/Castalia.
-El príncipe constante. Cátedra.
TIRSO DE MOLINA, : El burlador de Sevilla y convidado de piedra. Cátedra.

martes, 6 de mayo de 2008

Fernando Marías estivo con nós

Fernando Marías

Aviación Republicana
POLIKARPOV I-15 ("CHATO")






Aviación nacional
Savoia-Marchetti SM-81 ("Pipistrello")
O pasado mércores, 29 de abril, o escritor Fernando Marías compartiu uns momentos cos alumnos de 3º e 4º de ESO.
O acto foi organizado polo departamento de Lingua castelá e Literatura.
Despois dunha breve presentación por parte de dúas alumnas de 4º curso, o novelista comezou a falar da súa obra Cielo abajo, editorial Anaya, coleción Espacio Abierto, 2005, pola que recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 2006.
De forma moi amena e cunha gran viveza no relato o autor tratou tres aspectos básicos da súa obra. En primeiro lugar falou de toda unha morea de libros nos que pescudou sobre os combates da guerra civil e, en especial, a relativa o loita no ar da aviación. Confesou que a mellor decisión que tomara foi a de voar nunha avioneta de aluguer perto de Madrid. A esperiencia de voar foi tan intensa que lle cambiou a forma de ver a realidade e foi fundamental para a elaboración da novela.
Un segundo aspecto básico xurdiu dunha pregunta que se fixera sobre o miragre da resistencia de Madrid ante o ataque das forzas nacionalistas.
Esto levoulle a descubrir e estudiar a fondo a vida e personalidade do xeneral Rojo, un exemplo de fidelidade ás crenzas democráticas. E o terceiro aspecto básico sobre o que se fundamenta a súa novela é o papel das mulleres na guerra civil, que está representado polas tres Constanzas.
Os alumnos seguiron con moita atención as razóns que iba aportando o escritor.

Ao final houbo un breve coloquio que amosou o grado de profundidade de lectura de algúns alumnos, o que lle sorprendeu ao novelista.
Tras o merecidos aplausos pola súa entretida charla, Fernando Marías asinou exemplares da novela lida polo alumnos.