miércoles, 27 de febrero de 2008

A Arquitectura. Información para os que pensen estudiar esta carreira ou para os curiosos.




Mércores, 27 de febreiro de 2008





Para comezar reproduzo un fragmento dun maravilloso debuxo da construción do Escorial. Esta imaxe aparece recollida na obra de Catherine Wilkinson Zerner: Juan de Herrera, arquitecto de Felipe II, Akal Arquitectura, Madrid, 1996.


O autor deste deseño pode ser Fabricio Castello(?), é de hacia 1576. O propietario da imaxe é Lord Salisbury e gardase en Hatfield House.



Para calquera persoa que teña diante dos seus ollos esta imaxe a primeira impresión é a tarefa inmensa que se está producindo nese momento. Por outra banda, estamos acostumados a ver as obras do pasado feitas, rematadas como si sempre estivesen así. Neste caso vemos o proceso, os materiais dispostos, os guindastres e ata os homes que circulan polo medio da obra sen casco. Eran outros tempos e morrían homes arreo na obras. Para o que desexe ler unha gran novela a miña recomendación é Memorial do convento de José Saramago (en portugués(editorial Caminho) ou na tradución ao español(Seix Barral).







Pero estabamos a falar da Arquitectura e espertar a curiosidade no noso alumnado. Velahí outra imaxe: Brueghel, el Viejo: A contrución da Torre de Babel, do KunstMuseum de Viena.
O escritor Juan Benet, que era enxeñeiro de profesión, escribiu un documentado ensaio sobre esta obra:
Pieter Brueghel el Viejo y la construcción de la torre de Babel, editorial Siruela.



É agora imos ao presente coas seguintes recomendacións de libros e páxinas de internet.
Para a arquitectura en Galicia é imprescindible a obra:

LLANO, Pedro de: Arquitectura popular en Galicia. Razón e construcción. Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, A Coruña, 1996. ( Hai unha edición anterior na nosa biblioteca).

GÖSSEL, Peter y LEUTHÄUSER, Gabrielle: Arquitectura del siglo XX. Taschen, Colonia, 1997.

FRAMPTON, Kenneth: Historia Crítica de la Arquitectura Moderna. Gustavo Gili, 9ª ed.
Barcelona, 1998.

Un libro sobre os xoves arquitectos:
THOMPSON, Jessica Corgill: 40 architects under 40. Taschen, Colonia, 1997.

Enderezos de internet (información de meu fillo Jaime, grazas):

Novas sobre arquitectura, urbanismo e novas tecnoloxías aplicadas á construción. Intervencións nas cidades. O mais rechamante as Torres bioclimáticas de Vallecas nas fotos flickr. Bravo, Domenico.
http://ecosistemaurbano.org/?p=237


Plataforma arquitectura é un sitio da Universidade de Chile de gran interese e que ten moita información doutros sitios:
http://www.plataformaarquitectura.cl/

Outra moi boa con novas de arquitectura, deseño, fotografía, exposicións :
http://www.edgargonzalez.com/
Novas en EL PAÍS sobre o catálogo da arquitectura española (1901-2000):
http://www.archxx-sudoe.es/ enderezo do catálogo.

http://www.elpais.com/articulo/cultura/siglo/arquitectura/Red/elpepucul/20071129elpepicul_1/Tes

E para rematar hai que decir que unha das obras mais importantes da arquitectura española do século XX está en Pontevedra, na Caeira, a Casa Domínguez, obra de Daniel de la Sota. É unha propiedade privada pero os seus donos que son amabilísimos están dispostos a amosar a súa casa aos interesados nesta xoia da modernidade.