viernes, 14 de marzo de 2008

Los hermanos negros





Venres, 14 de marzo de 2008


A novela Los hermanos negros Lisa Tetzner y su marido Kurt Held publicouse en 1941, sen o nome do marido por motivos que lle impedían aparecer como autor, en dous volumes. A novela conta a historia dun neno de Tesino (Suiza) que como outros rapaces da súa idade eran vendidos e levados a traballar a Milán como limpadores de chemineas. Este traballo e as infrahumanas condicións nas que vivían provocaban a morte de moitos deles. La historia era unha verdadeira denuncia do traballo infantil que moi cedo se convertiu nun clásico da literatura xuvenil en lingua alemá. Uns cincoenta anos de terse publicada a novela o ilustrador Hannes Binder fai un traballo extraordinario e crea unha grande obra artística que potencia o sentido do texto.



Coido que esta novela gráfica vai alén dos contidos moitas veces rechamantes e raros deste xénero e destaca uns valores fondos de verdade e humanidade. Por todo esto e por outras razóns que os lectores atoparán ao abrir o libro, recomendo a lectura do mesmo tanto para os alumnos de ESO como para os maiores de Bacharelato.





Lóguez Ediciones, tradución de E. Martínez, Bilbao, 20 euros.


Para obter información de Lisa Tetzner hai pouca cousa porque ata agora non se lle fixo caso no ámbito do español.