martes, 11 de diciembre de 2007

Novas da Biblioteca

Martes, 11 de decembro de 2007

Como non só se debe ler Literatura para ser culto, aquí tedes unha enciclopedia moi axeitada para o alumnado do ESO, a Enciclopedia Temática Ilustrada de editorial A Nosa Terra. Esta obra está composta de 14 volumes nos que os autores tratan de xeito moi atractivo diferentes parcelas como O leite, A casa, etc. . Os volumes están moi ben organizados tanto nos textos como nas imaxes. Resulta grato ver unha obra feita con tanto coidado e pensando nos seus distinatarios. Reprodimos unha páxina para que se poda comprobar o que estamos a decir.