Pontevedra, xoves 11 de febreiro de 2010
Hai dúas semanas comezamos un ciclo co título
Outras linguas, outras voces, outros acentos
no que pretendemos dar protagonismo aos alumnos e as alumnas doutros países que estudian no noso centro. Queremos que a súa cultura sexa visible. Polo tanto fixemos dúas sesións de contacontos con gran asistencia de alumnos.
A primeira estivo adicada a Marrocos.
A sesión desenvolveuse do seguinte modo:
-Breve presentación do ciclo e dos obxectivos que pretendemos.
-Interpretación dunha sintonía que abrirá a actividade con música ao vivo.
-Lectura de varios contos de Marrocos tomados da tradición oral na lingua orixinal (árabe) e versión consecutiva en castelán.
-Ilustración musicais do grupo de instrumentos e percusión.
- Sintonía para rematar a sesión.
-Té con menta para todos.
A segunda sesión adicouse a Senegal.
A sesión desenvolveuse do seguinte modo:
-Breve presentación.
-Interpretación da sintonía do ciclo.
-Lectura de un conto longo do Senegal na lingua wolof tomados da tradición oral versión consecutiva en galego.
-Ilustración musicais do grupo de instrumentos e percusión.
- Sintonía para rematar a sesión.
-Té con menta para todos.
Enderezos interesantes para ler e escoitar contos do mundo:
http://www.cuentosafricanos.com/index.php?acc=tex&texto=23 De Senegal: Sona Mariama
Contos africanos en francés.
Contos do mundo en galego.
En francés. Moi interesante para ler e ouvir.
A seguinte sesión será sobre contos do Brasil o vindeiro xoves 18 ás
12 h.