martes, 19 de febrero de 2008

Jordi Serra i Fabra "Kafka y la muñeca viajera"





Martes, 19 de febreiro de 2008









O novelista catalán Jordi Serra i Fabra gañou o premio nacional de literatura xuvenil 2007 co libro Kafka y la muñeca viajera. O relato parte dun feito real da biografía de Franz Kafka. Un ano antes de morir de tuberculose, Kafka paseaba polo parque Stegliz en Berlín cando atopou a unha nena que non paraba de chorar porque perdera a súa boneca. Nese momento o escritor inventou unha historia para consolar á nena. E a partir de entonces Kafka comenzou escribir unha serie de cartas nas que a boneca contaba á nena o que facía nas súas viaxes.




Kafka para escribir esas cartas dedicou todo o seu tempo cunha entrega semellante á súas obras maiores que, por certo, quedaron sen rematar.

Jordi Serra con moita sensibilidade constrúe un relato imaxinativo e cunha comprensión extraordinaria do mundo infantil.

A edición conta cunhas boas ilustracións que recrean a historia deses encontros entre o escritor checo e a nena.
Para saber máis do escritor deste libro:


Visita a web oficial:


http://www.sierraifabra.com/

Contén información sobre a vida e obra do autor con moitas fotografías.

http://www.arteshoy.com/lit20060505-2.html

É unha breve reseña deste libro.
Para coñecer a biografía e obra de Franz Kafka:

-"Franz Kafka." Microsoft® Encarta® 2007 [CD]. Microsoft Corporation, 2006.
Microsoft ® Encarta ® 2007. © 1993-2006 Microsoft Corporation. Reservados todos los derechos.

--http://es.wikipedia.org/wiki/Kafka con moita información e posibilidade de ler algunhas das súas obras.

http://gl.wikipedia.org/wiki/Franz_Kafka en galego galipedia, con novas sobre libros de Kafka traducidos á lingua galega.

--http://www.epdlp.com/escritor.php?id=1878

Páxina de El poder de la palabra adicado ao escritor.