viernes, 16 de noviembre de 2007

Mais sobre a exposición da Divina Comedia ilustrada por Salvador Dalí

Venres 16 de novembro de 2007

A exposición da Divina Comedia ilustrada por Salvador Dalí é una ocasión extraordinaria para entrar no mundo de Dante Alighieri.´
A mellor forma de ver esta exposición é levar o texto da Divina Comedia, en forma de libro ou nunha pequena escolma feita das edicións en liña que hai na rede. Do libro o que resulta mais doado de ler é o Inferno. Dante inicia a súa particular viaxe ao mundo das tebras onde sitúa aos pecadores e, de paso, aos seus enimigos.
A Divina Comedia é unha obra na que se combina todo un saber teolóxico, literario e imaxinario de gran fondura. Para unha boa comprensión sería necesaria unha edición comentada. De todos os xeitos debemos mergullarnos no libro e vivir a experiencia da súa lectura.

As edicións ilustradas da Divina Comedia.
Hai moitos e distintos tratamentos desta obra que inspirou a un morea de artistas. Entre as mais coñecidas están as ilustracións de Gustavo Doré,