jueves, 10 de abril de 2008

III Xornadas de banda deseñada Pontevedra


Xoves, 10 de abril de 2008
Na biblioteca pública de Pontevedra tedes a ocasión de contemplar unha exposición moi interesante sobre banda deseñada: "Historia dunha páxina". Podedes ver unha ampla serie de páxinas de historietas de importantes deseñadores nas que se explica todo o proceso de elaboración da páxina.

Para os interesados nesta arte hai un ciclo de cine de animación. As próximas películas son:

Martes 15 de abril: Os incribles de Brad Bird.

Martes 22 de abril: Persépolis de Marjane Satrapi e Vincent Paronnnaud
Martes 29 de abril: Tekkonkinkreet de Michael Arias.



O horario das películas será ás 20:30 horas na salón da biblioteca públida, rúa de Alfonso XIII, nº 3.

Copio algúns enderezos para os que desexen saber máis sobre os cómics:
http://detripas.blogspot.com/ "El cuaderno espartano" de David Rubín.



http://bijcomic.blogsome.com/ Da bibliotecas da Coruña.