miércoles, 24 de septiembre de 2008

Estamos de volta

Mércores, 24 de setembro de 2008

Adeus, vacacións, adeus areas das praias(pouca praia este verán), adeus os momentos de lecer e preguiza, adeus...Agora é o momento de voltar as nosas tarefas, ao traballo cotián que tamén leva moito pracer non o podemos esquencer.
Desexamos unha benvida a todo o novo alumnado e aos que estiveron no ano anterior. Para todos e todas un bó curso cheo de amizade e gañas de aproveitar o tempo. Dende este blog da biblioteca queremos animarvos a ler libros de todo tipo e a participar nas activades presenciais que prepararemos como O club de lectura. Tamén invitamosvos a colaborar cos vosos traballos neste blog onde poderedes poñer as vosas opinións e críticas dos libros que vos gustan.
Como novidade na biblioteca poderedes atopar novelas gráficas que estarán a vosa disposición.
Grazas pola vosa atención.