jueves, 26 de marzo de 2009

A medida da Terra seguindo os pasos de Eratóstenes











Xoves 26 de marzal de 2009


Hoxe dende as 11,15 ás 14,10 os alumnos de 4º curso da ESO, 1º e 2º de Bacharelato e o profesor de Física e Química, Miguel Anxo Martín, e os profesores de Matemáticas, Carmen Ruano e Xoan Iglesias fixeron a experiencia de Eratóstenes, un sabio e científico grego do século III a C.

A actividade está encadrada no proxecto da Biblioteca do noso centro no Ano da Astronomía e coordinada pola profesora Josefa Vicario que animou o traballo e levou o proceso de inscripción do noso centro nesta actividade desenvolvida en toda España o día 26 de marzal.

http://www.astronomia2009.org.ar/actividades-propuestas-por-el-nodo/proyecto-eratostenes-medicion-del-diametro-de-la
Como xurdiu a idea na mente de Eratóstenes?

O experimento xurdiu despois de ter lido Eratóstenes nun papiro que na cidade de Sienna, a 800 km de Alexandría, alguén observara que o sol o día 21 de xuño se refrexaba na superficie dun pozo, é decir, que os raios do sol caían de forma vertical. Para comprobar si en Alexandría sucedía o mesmo tomou datos cun gnomon, como o que marca as horas nos reloxios solares, e deduciu que a Terra non era plana como se crera ata ese momento ao tempo que cunha serie de cálculos e cuns medios rudimentarios para a época foi capaz de medir a Terra cun escaso nivel de erro.
O único que levou o traballo pesado foi o camiñante que partiu dende Alexandría ata Sienna contando os pasos, traducidos a km, 800 km, que non está nada mal porque supón uns 30 días a unha media de 30 km diarios, e uns profesores entramos na parte pintoresca imaxinando a aquel andador salvando as dificultades do camiño, pelexando cos crocrodilos e outras bestas.

Podedes ver parte da experiencia nestas fotos:







Podes consultar e saber máis en :




(Como mediu Eratóstenes)

http://www.alcione.cl/nuevo/var/misc/cognitivas/eratostenes03.jpg&imgrefurl=http://

www.alcione
Aproveito a ocasión para recomendar a lectura do libro de

BOORSTIN: Los descubridores. Ed. Crítica. ( Na biblioteca pública hai un exemplar)