viernes, 24 de octubre de 2008

Día da Biblioteca









Pontevedra, venres 24 de outubro de 2008


  

 Adrián Maquieira Cambón
 de 3º de ESO C foi o gañador 
do logotipo para a nosa Biblioteca.
Noraboa!


Hoxe celebramos o Día da Biblioteca. Esta é unha data para saber máis da finalidade e dos servicios que podemos atopar nas bibliotecas. 
  Acudimos ás bibliotecas para buscar información que nos permita facer tra
ballos de todo tipo ou simplemente por curiosidade, que é precisamente a base do saber. Pero ademáis as bibliotecas ofrecen aos usuarios documentos moi variados: impresos, gravacións sonoras, imaxes, películas, material informático e outros. 
  Ter unha biblioteca a man danos unha sensación de seguridade e de lecer.
  Hoxe as bibliotecas físicas teCursivañen un engadido moi potente nas bibliotecas virtuáis ás que se pode comunicar todo o mundo sen necesidade de saír da casa. Se sabemos varias linguas, temos a posibilidade de achegarnos a unha morea de bibliotecas nas que ler na súa propia lingua aos autores que admiramos.
  Neste blog temos unha lista das biblioteca máis interesantes do mundo e, por suposto, invitamoste a entrar nalgunha delas. 

 Na nosa biblioteca do centro preparamos unha serie de actividades para celebrar este día:
- Repartimos un tríptico que é unha guía para os 
usuarios da biblioteca.
- Fixemos unha exposición no vestíbulo de Roteiros literarios


    nos que se inclúen os seguintes:
     - O Lazarillo de Tormes
     - O Quixote
     -  Coplas a la muerte de su padre
     - Poema de mío Cid
     - A esmorga
     - Curros Enríquez.

  - Exposición do Concurso de logotipos para a nosa biblioteca.


  - Presentación do novo club de lectura para este curso.
  - Consulta do Catálogo Meiga