lunes, 22 de octubre de 2007

Un xogo na semana da Biblioteca



Luns 22 de outubro de 2007





Para celebrar o día/semana das Bibliotecas propomos un xogo que consiste en atopar un libro concreto e a biblioteca onde se garda.


O libro agachado na biblioteca.

Bases:

  • Pode participar todo o alumnado do noso centro.

  • A proba consiste en averiguar o título e o autor do libro e a

biblioteca onde se conserva. Queremos poñer a proba tanto

os coñecimentos como as habilidades na técnicas de

procurar datos.

  • O primeiro en descubrir os datos ten que os comunicar por

escrito nun sobre aos profesores da biblioteca. No sobre

engadirá os datos: Nome e apelidos, curso e grupo.

  • A investigación pode facer uso das vías tradicionáis ou das novas tecnoloxías.
  • O premio consistirá nun vale por 25 € en libros.
  • Cada día anunciarase unha pista nova.
  • Velahí a primeira pista: A imaxe que aparece no alto da páxina.
Anímo e moita sorte.



Outras actividades nesta semana.

Invitamosvos a visitar a exposición que está na planta baixa. O tema central é a elaboración e transmisión dos textos dende a Antigüidade ata os nosos días. Podedes ver os instrumentos e os soportes da escrita nunha serie de cadros.

Na biblioteca haberá unha exposición sobre os soportes dos textos: Libros, casetes, discos de vinilo, disquetes, cd, dvd, etc.

No vestíbulo, podedes participar no Scriptórium como un xeito de recrear o traballo dos copistas na Idade Media, copiando textos con plumas, canas e outros instrumentos de escritura.

O noso desexo é que cada alumna e cada alumno leve un libro da nosa biblioteca nesta semana como unha forma de vivir de verdade a semana da biblioteca.

Pedimos a vosa colaboración e participación. Moita grazas.