lunes, 17 de noviembre de 2008

O club de lectura en marcha







Luns, 17 de novembro de 2008


 I.E.S. A Xunqueira 2. Pontevedra 


  Proxecto Club de Lectura.
Introdución.
Créase este club de lectura para fomentar a lectura e o intercambio de opinións sobre as obras lidas. Trátase de que os alumnos e as alumnas non se sentan illados como lectores senón que poidan compartir as súas experiencias con outros compañeiros ao longo do curso.Obxectivos. 

Podemos enumerar os seguintes obxectivos:- Presentar a afección á lectura como algo normal na vida estudantil.

- Ver a lectura como unha actividade máis aló das actividades propias das materias lectivas.- Considerar a lectura como unha forma de comunicación cos demais.

- A finalidade da lecturanon se termina ao pechar o libro lido.

- Aprender a oír e a respectar outras opinións sobre os libros.

- Potenciar os valores relacionados coa participación en actividades comúns.

- Defender a cultura como un fenómeno de reencontro con nos mesmos e con outras persoas.

- Aprender a expresar e a defender as opinións persoais sen temor.

- Articular unhas formas de enlace co resto do alumnado.

- Empregar as novas tecnoloxías para transmitir as opinións sobre as lecturas.

- Aproveitar o blog da biblioteca como canle das actividades do club.

- Participar ou colaborar na preparación de actividades relacionadas cos libros e a lectura como presentación de obras, información de novidades editoriais,homenaxes a escritores, exposicións sobre o mundo da lectura, etc.

- Preparación de lecturas públicas de textos.

- Selección de libros de lectura para os distintos niveis educativos.
- Recomendacións de libros con motivo de distintas festas ou celebracións:Nadal, Día do Libro, Día das Bibliotecas, Día das Letras Galegas, etc.

- Interesarse polo gusto do alumnado sobre libros.

- Adquirir libros e ma

terial que interese aos alumnos e alumnas.
- Completar certas seccións da biblioteca, especialmente, os cómics, libro
xuvenil, libros sobre divulgación científica, educación en valores, sobre aspectos
socioculturais como a emigración, a condición feminina, etc.
- Iniciar ao alumnado nunhas pautas de conduta que lle permitan afirmar a súa
personalidade, tomar decisións e saber comunicalas aos demais.

Obxectivos específicos para este curso 2008-2009:

 -Ampliación das obras de lectura a textos vencellados, polo seu carácter o polo seu contido, ao pensamento e á Filosofía. Estamos pensando tanto  en obras narrativas nas que se prantexen temas como a libertade, a dereito á diferencia, a liberación da muller, etc., como en textos de carácter filosófico e ensaístico.

 - Un grupo adicado á lectura de novela gráfica, un xénero moi de actualidade e que pode servir para atraer novos lectores que pasan da historieta tradicional a este novo formato do que hai obras de gran calidade.

- Outro grupo adicado á lectura de textos históricos tanto a partir de novelas como estudios de historia que podan asimilar os nosos alumnos.

-No segundo trimestre tentaremos formar un pequeno grupo de lecturas científicas adaptadas ao nivel do alumnado, porque neste campo está todo por facer.
Composición e organización.
Compoñentes.
O club terá un número máximo de dez participantes en cada un dos bloques que se formen e que pertenzan aos distintos niveis educativos (ESO e Bacharelato).
Preténdese que os compoñentes do club continúen en parte os seguintes anos e poidan dar unha continuidade ás actividades programadas. Pola experiencia do ano anterior, pode ser:

  Grupo A: Cursos 1º e 2º de ESO.

  Grupo B:  Cursos 3º e 4º de ESO

  Grupo C:  Cursos 1º e 2º de Bacharelato 

Organización.
A persoa que organice o club debe ser un elemento animador que coordine as diferentes propostas que xurdan das reunións. Enténdese que o funcionamento do club debe ser áxil e aberto ás distintas ideas e gustos.

Contaremos cun profesor para cada unha das modalidades:

  Lecturas de Literatura en lingua castelá (narrativa e poesía)

  Lecturas de Literatura en lingua galega (narrativa e poesía)

  Lecturas de libros de pensamento ou de Filosofía.

  Lecturas de libros de Historia