viernes, 23 de mayo de 2008

Un gran libro para interesarse polos estudios filolóxicos


Venres, 23 de maio de 2008


Acabo de ler un libro que aconsello a todas as persoas que teñan interés pola lingua. O autor, V. Klemperer, un profesor de lingua francesa alemán, tivo que vivir a terrible experiencia do nazismo, por ser xudeu. No seu libro: LTI ( Título en latín de A lingua de tercer Reich), apuntes de un filólogo, editorial Minúscula, Barcelona, 2001, vai estudiando con paciencia os rasgos característicos da lingua do nazismo. O estudio misturase coa vida cotiá do autor e da súa dona que pasan por enormes dificultades mesmo para conseguir libros porque os xudeus non podían ler nas bibliotecas públicas. Recomendo o libro tanto polo seu valor científico como polo testimonio de humanidade e razón dun home nunha época de barbarie.