





Xoves, 17 de abril de 2009
Unha completa e magnífica exposición feita pola profesora de Matemáticas Carmen Ruano e coa colaboración de Mercedes Jiménez e Pepa Vicario está aberta para ser aproveitada e disfrutada nos momentos de lecer ou no tempo das clases acompañados polos profesores. É un traballo moi ben elaborado, feito con moito coidado e que ten en conta aos destinatarios, os alumnos e as alumnas tanto de ESO como de Bacharelato. Hai moita información sobre os planetas, as estrelas, as galaxias, os calendarios, os principais astrónomos e as principais astrónomas. Tamén é de salientar a participación dos alumnos de ESO que ofrecen nos seus debuxos unha visión do ceo.
Nas vitrinas ofrecense unha serie de publicacións e obxectos sobre astronomía: libros, folletos-revistas.