miércoles, 30 de septiembre de 2009

Xa estamos de novo

Mércores 30 de outubro de 2009



Bos días a todos. Damos unha cordial benvida a todos os novos alumnos que comezan este curso no noso centro. Esperamos que a información e os traballos que irán aparecendo neste blogue vos poidan servir para aprender. Tamén queremos ofrecer novas sobre libros ou propostas para o tempo de lecer. Estamos abertos a toda colaboración e, por suposto, ás vosas suxerencias.
Estamos a traballar na biblioteca para ter todo a punto e poder ofrecer un bo servicio. Este ano vai haber moitas novedades para todos. Unha aperta.