Día do Libro





Corral de comedias de Almagro
Día do Libro
Luns, 21 de abril de 2008.
Neste fin de semana que pasei en Madrid lín con moito interese coma sempre os textos da campaña de fomento da lectura "Libros a la calle", iniciativa que poñen en marcha o gremio de editores e o gremio de libreiros de Madrid e CEDRO en colaboración co Consorcio de Transportes da Comunidade de Madrid e a Empresa Municipal de Transportes, Cercanías RENFE e Metro de Madrid, xunto coas tres administracións: autonómica, municipal e estatal. Esta campaña, sinxela e intelixente, tenta de facer de cada viaxeiro un lector potencial que aproveita un tempo no bus ou no metro para ler uns textos breves pero moi ben elexidos tanto pola súa variedade xenérica(narrativa, poesía, teatro) como pola amplitude histórica e a calidade dos mesmos. Eu sempre que vou a Madrid percuro os textos, e trato de adiviñar a que todo pertecen o quen son os seus autores. É moi grato comprobar como se disparan as emocións que levan engadidos determinados textos, algúns case xa esquecidos e outros sempre presentes na memoria. Nesta vez chamoume a atención un poema, bilingüe, en Madrid, sí señor, de Celso Emilio Ferreito, e para que conste pego o cartel neste blog:http://www.librosalacalle.com/web/
Noraboa a todos os que participan nesta campaña e, de paso, xa vai sendo hora de que en Galicia se faga algo semellante. É ben doado.
Para os que desexen ver os textos da campaña:http://www.librosalacalle.com/web/ no apartado Textos, tamén podese entrar nos textos das campañas anteriores.
Atención! A música de jazz é para o deleite, nalgúns casos é cousa de tolería polo seu ritmo e noutras é unha paixón que semella friaxe. Hai que dar tempo ao tempo, non se pode escoitar como a música pop ou rock, ten que haber unha forma de entrega pola vosa banda. Xa veredes.
Dave Brubeck Quartet: Out of time. Especialmente "Take five".
Miles Davis: Kind of Blue. Para escoitar a media noite, non antes.
John Coltrane: Love Supreme. / Blue Train
Charlie Parker Unha escolma é a banda sonora de Bird de Clint Eastwood
Duke Ellington . Unha antoloxía
Ella Fitzgerald . Unha antoloxía.
The Oscar Peterson Trio: The Good Life.
Paquito D'Rivera: La Habana. Rio.Conexion.
Michel Petrucciani: Conference de presse. Podes ver vídeo http://es.youtube.com/watch?v=GreoEYD4Fgw /http://www.youtube.com/watch?v=3ERQvYrB0QM
Michel Camilo y Tomatito: Spain
John McLaughlin , Al Di Meola, Paco De Lucia: Passion, Grace & Fire.
Teté Montoliu: Palau de la Música Catalana.
Stan Getz: Jobim. The girl of Ipanema.
Enderezos na rede:http://www.geocities.com/adoleon2000/anios60.htm .Por décadas.
http://www.geocities.com/adoleon2000/anios60.htmhttp://www.jazz59.com/joefarrell/historiadeljazz/los100mejoresdiscosdejazz/
http://www.apoloybaco.com/discosbasicosprincipal.htm Presenta unha breve historia do jazz por épocas ou etapas. Reproduce portadas de discos e ofrece información dos mesmos. Moi recomendable.
http://www.tomajazz.com/mej_discos/Jazz%20John%20Fordham.htm Demasiada información por épocas e estilos.