jueves, 10 de abril de 2008

III Xornadas de banda deseñada Pontevedra


Xoves, 10 de abril de 2008
Na biblioteca pública de Pontevedra tedes a ocasión de contemplar unha exposición moi interesante sobre banda deseñada: "Historia dunha páxina". Podedes ver unha ampla serie de páxinas de historietas de importantes deseñadores nas que se explica todo o proceso de elaboración da páxina.

Para os interesados nesta arte hai un ciclo de cine de animación. As próximas películas son:

Martes 15 de abril: Os incribles de Brad Bird.

Martes 22 de abril: Persépolis de Marjane Satrapi e Vincent Paronnnaud
Martes 29 de abril: Tekkonkinkreet de Michael Arias.



O horario das películas será ás 20:30 horas na salón da biblioteca públida, rúa de Alfonso XIII, nº 3.

Copio algúns enderezos para os que desexen saber máis sobre os cómics:
http://detripas.blogspot.com/ "El cuaderno espartano" de David Rubín.



http://bijcomic.blogsome.com/ Da bibliotecas da Coruña.






lunes, 7 de abril de 2008

Máis sobre o conto




Luns, 7 de abril de 2008


Vou engadir algunhas publicacións sobre o conto maravilloso ou contos de fadas.


PERRAULT, Charles: Cuentos de antaño. Alianza Editorial http://www.cuentosdeperrault.d6ok.com/ BNFrancia


http://expositions.bnf.fr/contes/feuille/cabinet/index.htm unha gran exposición sobre os contos de fadas da Biblioteca Nacional de Francia con moitas imaxes, en francés.

GRIMM, Jakob y Wilhem:Cuentos. Alianza Editorial.

jueves, 3 de abril de 2008

A hora do conto








Xoves 4 de abril de 2008

A hora do conto.

Estamos adicando ao proxecto lector unha especial atención ao conto.

Este xénero narrativo vive hoxe un momento de gran vitalidade e expansión. Editanse contos tanto en revistas de todo tipo como en libros ou mesmo na rede. Hai contos dos temas máis diversos: contos de medo, contos de fantasmas, contos de mulleres, etc. Por outra banda os contos adaptanse as formas tanto tradicionáis como as máis innovado-ras. Outros relatos que teñen moito éxito son os microrrelatos dos que hai exemplos moi interesantes.

Para os que desexen ampliar as súas lecturas e o coñecimento do conto recollo unha serie de títulos que poden interesar.

Para ESO:
Na Editorial Vicens-Vives, a coleción Cucaña juvenil:
ZORN, S: Relatos de fantasmas.
ANÓNIMO: "El jorobado" y otros cuentos de Las mil y una noches
LUPTON, H.: La voz de los sueños y otros cuentos prodigiosos
QUIROGA, H.: "Anaconda" y otros cuentos de la selva.
ZORN, S.: Relatos de monstruos.
Na mesma editorial, na coleción Aula de Literatura
VV.AA.: Antología del relato policial.
VV.AA.: Relatos fantásticos.
WILDE, O.: "El fantasma de Canterville" y otros cuentos.
MAUPASSANT, Guy de: "Bola de sebo " y otros relatos.

Relatos de humor.
POE, E.A.: El escarabajo de oro. Los criménes de la calle Morgue.








viernes, 28 de marzo de 2008

Máis sobre códigos, criptoloxía, cine e literatura.


Venres, 28 de marzo de 2008



Para os interesados nesta materia imos dar información dalgunhas páxinas web e algún blog.


Antes temos unha lista de películas nas que a trama xira arredor dos piratas informático ou hackers ou dos códigos secretos:



http://www.zonagratuita.com/servicios/noticias/2004/septiembre/hackersCine.html

Hackers

Los fisgones (The sneakers)
Goldenye
Matrix

La red


Literatura:

Moitos lectores din que a novela que mellor aproveita o mundo da criptografía é Criptonomicón, novela de Neal Stephenson, por exemplo:
http://laventana.casa.cult.cu/modules.php?name=News&file=article&sid=295

Sobre literatura ciberpunk: http://www.ciberpunk.info/basicos/ciberpunk.html

jueves, 27 de marzo de 2008

A Economía e nós.

Xoves, 27 de marzo de 2008

Mohamed Yunus. creador dos
microcréditos e Premio Nobel da Paz

Karl Marx Adam Smith

Despois dos debates previos ás elecións quedou craro que a Economía é importante nas nosas vidas. Para os que non saiban moito ou nada de Economía, porque non cursan a asignatura ou porque ata agora non se preocuparon de ler algo sobre os procesos económicos, imos dar algunhas referencias bibliográficas para iniciarse ou para profundizar neste campo.
Grazas ao profesor de Economía, Jorge Fernández Seoane, que fixo todo o traballo, teredes unha chea de información sobre libros básicos sobre a materia e tamén algúns sitios n rede onde se pode atopar información sobre a Economía.

Libros:
HARDFORD, Tim: El Economista Camuflado. Ed. Temas de Hoy, Madrid, 2006, (Ensayo).
JERONS, M.: Asesinado en el margen. Alianza Editorial, Madrid, 2003 (Novela)
SAMPEDRO, J.L.:El mercado y la Globalización. Ed. Destino, Madrid, 2002, ilustraciones de Sequeiros, (Ensayo).
SALA i MARTÍN, X.: Economía liberal para no economistas y no liberales.Plaza y Janés, Barcelona, 2000 (Ensayo).
KRUGMAN, P.: Microeconomía. Editorial Reverté. Barcelona, 2006(Manual)
-- : Macroeconomía. Editorial Reverté, Barcelona, 2007(Manual).




A editorial Urano tén unha coleción ampla adicada a libros empresariais de diversa natureza baixo o nome de EMPRESA ACTIVA. Algúns deses libros son:
RIES, A. L.: El origen de las marcas. Editorial Urano.
BERGER, Suzanne: Desde las trincheras.

TAMAMES, R.: Diccionario de Economía. Alianza Editorial, Madrid, 2003(Diccionario general).
_ : Ecología y desarrollo sostenible. Alianza Editorial, Madrid, 1995.
CARPINTERO REDONDO, O. : Entre la economía y la naturaleza. Ed. los libros de la catarata, Madrid, 1999(Ensayo).

ROMERO, C.: Economía de los recursos ambientales y naturales. Alianza Edit. Madrid, 1997.
PULIDO SAN ROMÁN, A. : Economía para entender. Ed. Pirámide, Madrid, 1995.
BARRO, Robert J.: El poder del razonamiento económico. Celeste Ediciones, 1997(Ensayo)
DEHESA, G. de la: Globalización, desigualdad y pobreza. Alianza Edit. Madrid, 2003(Ensayo)
SEN, Amartya: Desarrollo y libertad. Ed. Planeta, Barcelona, 2000.
STIGLITZ, Joseph E. : El malestar en la globalización. Ed. Santillana, Madrid, 2002(Ensay

John Maynard Keynes


Clásicos de Economía:
SMITH, Adam: La Riqueza de la Naciones. FCE

RICARDO, David: Principios de Economía Política y tributación.
MALTHUS, T. R.: Principios de Economía Política.
MARX, Karl: El Capital.
KEYNES, John M.: Teoría General de la Ocupación, la Renta y el Empleo.


Unha visión panorámica sobre as diferentes aportacions teóricas á Ciencia Económica:

BARBÉ, Lluis: El Curso de la Economía. Ed. Ariel, Barcelona, 1996.

As imprescindibeis ferramentas matemáticas para a Economía:

SYKSAETER, Hammond: Matemáticas para el Análisis Económico. Prentice Hall, Madrid, 1996

VV.AA.: Métodos estadísticos en Ciencias Sociales. Ediciones Académicas, Madrid, 2004.

Páginas web sobre Economía:

http://www.eumed.net/ Enciclopedia y Biblioteca Virtual de las Ciencias Sociales, Económicas

http://www.ecomor.com/ moi completo. [y Jurídicas.

http://www.ine.es/ estatísticas económicas

http://www.ige.eu/ Instituto Galego de estatística.

http://www.usc.es/econo/RGE/benvidag.htm Revista Galega de Economía da Universidade de Santiago de Compostela.
http://www.revistasice.como/ Revistas de Economía de la Secretaría de Estado de Turismo Comercio:
-Información Comercial Española.
-Cuadernos de ICE
-Boletín de ICE












martes, 25 de marzo de 2008

Máis sobre as novelas gráficas

Martes, 25 de marzo de 2008

Teño que modificar as miñas primeiras opinións sobre a novela gráfica despois de ler unhas cantas.

viernes, 14 de marzo de 2008

Los hermanos negros





Venres, 14 de marzo de 2008


A novela Los hermanos negros Lisa Tetzner y su marido Kurt Held publicouse en 1941, sen o nome do marido por motivos que lle impedían aparecer como autor, en dous volumes. A novela conta a historia dun neno de Tesino (Suiza) que como outros rapaces da súa idade eran vendidos e levados a traballar a Milán como limpadores de chemineas. Este traballo e as infrahumanas condicións nas que vivían provocaban a morte de moitos deles. La historia era unha verdadeira denuncia do traballo infantil que moi cedo se convertiu nun clásico da literatura xuvenil en lingua alemá. Uns cincoenta anos de terse publicada a novela o ilustrador Hannes Binder fai un traballo extraordinario e crea unha grande obra artística que potencia o sentido do texto.



Coido que esta novela gráfica vai alén dos contidos moitas veces rechamantes e raros deste xénero e destaca uns valores fondos de verdade e humanidade. Por todo esto e por outras razóns que os lectores atoparán ao abrir o libro, recomendo a lectura do mesmo tanto para os alumnos de ESO como para os maiores de Bacharelato.





Lóguez Ediciones, tradución de E. Martínez, Bilbao, 20 euros.


Para obter información de Lisa Tetzner hai pouca cousa porque ata agora non se lle fixo caso no ámbito do español.