miércoles, 24 de septiembre de 2008

Estamos de volta

Mércores, 24 de setembro de 2008

Adeus, vacacións, adeus areas das praias(pouca praia este verán), adeus os momentos de lecer e preguiza, adeus...Agora é o momento de voltar as nosas tarefas, ao traballo cotián que tamén leva moito pracer non o podemos esquencer.
Desexamos unha benvida a todo o novo alumnado e aos que estiveron no ano anterior. Para todos e todas un bó curso cheo de amizade e gañas de aproveitar o tempo. Dende este blog da biblioteca queremos animarvos a ler libros de todo tipo e a participar nas activades presenciais que prepararemos como O club de lectura. Tamén invitamosvos a colaborar cos vosos traballos neste blog onde poderedes poñer as vosas opinións e críticas dos libros que vos gustan.
Como novidade na biblioteca poderedes atopar novelas gráficas que estarán a vosa disposición.
Grazas pola vosa atención.

martes, 17 de junio de 2008


Martes, 17 de xuño de 2008
Algunhas recomendacións para este verán:


Veño de terminar de ler un libro moi divertido e satírico dun escritor ruso, Vadlimir Voinóvich. Este autor escribiu a novela, Vida e insólitas aventuras del soldado Iván Chonkin, que pola censura non se puido publicar na URSS e apareceu en París en 1974 con gran éxito.
A novela conta as aventuras dun soldado que non serve para nada e vai cumplir unha misión como vixiante dun avión averiado. A presencia do soldado no pequeno pobo provoca diversos comentarios e temores. Por outra banda as actuacións de Iván Chonkin creará situacións moi cómicas que farán rir aos lectores.
Vida e insólitas aventuras del soldado Iván Chonkin
Autores: VLADIMIR VOINÓVICH.
Editorial: DEBOLSILLO, 9,95 euros./ Libros del Asteroide 19 euros.



Aproveito a ocasión para falar de dous libros de autores rusos que son realmente maravillosos:


BULGAKOV, Michail: El maestro y Margarita. Alianza editorial.





É unha novela na que se mistura a realidade rusa postrevolucionaria e un mundo fantástico nas rúas de Moscú.
Máis información en:

http://www.epdlp.com/escritor.php?id=1515

http://es.wikipedia.org/wiki/Bulgákov

A segunda novela, que debería ser a primeira de todas pola súa importancia e por ser un clásico da literatura rusa, é Almas muertas de N. V. Gógol, Alianza editorial/ Edaf.

Máis sobre Gógol:


http://es.wikipedia.org/wiki/Nikolái_Vasílievich_Gógol

http://www.epdlp.com/escritor.php?id=1766
http://www.backlist.es/CLA-almas-muertas.html

Un artículo sobre esta novela en pdf:
dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?
codigo=778781&orden=129783&info=link

Sobre a literatura rusa son moi interesantes as páxinas de Sergio Pitol do que recollemos un artículo:

http://www.elpais.com/articulo/elpbabsem/20060211elpbabese_9/Tes/semana/Rusos/edad/oro



















































































http://blogs.periodistadigital.com/libros.php/2006/05/10/vida_e_insolitas_aventuras_del_soldado_i

jueves, 29 de mayo de 2008

Libros de teatro dos séculos XIX e XX




Xoves, 29 de maio de 2008

Teatro dos séculos XIX e XX:

ZORRILLA, J.: Don Juan Tenorio. Cátedra.
MUSSET, A. de: Lorenzaccio.
BÜCHNER, G.: Woizeck./La muerte de Dantón.
IBSEN, H.: Casa de muñecas. Austral.
STRINDBERG, A.: La señorita Julia.
CHÉJOV, A.: El jardín de los cerezos.
--------
SHAW, B.: Pigmalión.
WILDE,O.: El abanico de Lady Windermere.
www.e-libro.net/E-libro-viejo/gratis/windermere.pdf
WEDEKIND: Lulú.
O'NEILL, E.:Deseo bajo los olmos.
JARRY, A.: Ubú, rey.
PIRANDELLO, L.: Seis personajes en busca de un autor.
-Seis persoaxes á procura de autor.
BRECHT, B.: Madre Coraje y sus hijos. Alianza Editorial
CAMUS, A.: El malentendido. Alianza Editorial.
IONESCO, E.: La cantante calva. Alianza Editorial
WEISS,P.: Marat/Sade.
WILLIAMS, T.: Un tranvía llamado Deseo.
MILLER, A.: Muerte de un viajante.
Para atopar libros de teatro. Hai que rexistrarse para poder baixar os textos de autores de todas as épocas.

lunes, 26 de mayo de 2008

Para os que non lén a revista Código Cero


Luns, 26 de maio de 2008


No noso Instituto recibese a revista Código Cero aínda que parece que o alumnado non se preocupa moito por botarlle unha simple ollada. Para os que consultan este blog recollo parte da información que se da completa na revista, especialmente os enderezos máis interesantes. Este número de abril-maio, nº 61, adicase a festividade das Letras galegas en internet.


Para os preguizosos o enderezo da revista na edición dixital: http://www.codigocero.com/




A biblioteca virtual galega con fichas sobre X. María Álvarez Blázquez


http://www.culturagalega.org/ Do Consello da Cultura Galega





Novas recomendacións de libros de teatro










Luns, 26 de maio de 2008


Continuamos coas suxerencias para ler libros teatro.


Século XVIII



MARIVAUX: El juego del amor y del azar/La doble inconstancia.

BEAUMARCHAIS, P.A. de: Las bodas de Fígaro/El barbero de Sevilla.


GOLDONI: La posadera.


MORATÍN, L.: El sí de las niñas. Cátedra.


GARCÍA GUTIÉRREZ: El trovador. Cátedra.


GOETHE, W.: Fausto. Cátedra Letras Universales.


SCHILLER, F.: Los bandidos/Don Carlos.


------------------

Na WEB:








viernes, 23 de mayo de 2008

Un gran libro para interesarse polos estudios filolóxicos


Venres, 23 de maio de 2008


Acabo de ler un libro que aconsello a todas as persoas que teñan interés pola lingua. O autor, V. Klemperer, un profesor de lingua francesa alemán, tivo que vivir a terrible experiencia do nazismo, por ser xudeu. No seu libro: LTI ( Título en latín de A lingua de tercer Reich), apuntes de un filólogo, editorial Minúscula, Barcelona, 2001, vai estudiando con paciencia os rasgos característicos da lingua do nazismo. O estudio misturase coa vida cotiá do autor e da súa dona que pasan por enormes dificultades mesmo para conseguir libros porque os xudeus non podían ler nas bibliotecas públicas. Recomendo o libro tanto polo seu valor científico como polo testimonio de humanidade e razón dun home nunha época de barbarie.

jueves, 15 de mayo de 2008

Libros de teatro




Xoves 15 de maio de 2008




Despois da mostra de libros de teatro imos elaborar unha lista de libros de teatro recomendados. Xa se sabe que hoxe non se len moitos libros de teatro por moitas razóns. Hai anos o interés de moita xente polo teatro era doble porque asistía ás representacións e ademais lía textos teatrais en moitos grupos de teatro aficionado. Por outra banda, había varias editoriais de libros de teatro, que publicaban libros baratos.


Actualmente nas editoriais máis importantes podemos encontrar obras de teatro de todas as épocas. Nalgunhas colecións editanse os textos bilingües, por exemplo, as obras de Shakespeare en Cátedra, Letras Universales. E si non podemos atopar o libro desexado sempre queda a percura na rede, onde nas distintas bibliotecas virtuais aparecen obras de teatro.

Lecturas de teatro:
Los grandes trágicos griegos:
SÓFOCLES: Edipo Rey. Cátedra, Letras Universales/Editorial Gredos/Akal/Alianza Editorial.
ESQUILO: La Orestiada. Cátedra Letras Universales/Editorial Gredos/Akal/ Alianza Editorial.
EURÍPIDES: Las bacantes. Cátedra, Letras Universales./Edit. Gredos/Akal/Alianza Editorial.
La comedia:
ARISTÓFANES: Lisístrata. Cátedra, Letras Universales.
----
PLAUTO: Comedias. Cátedra, Letras Universales.
----------
SHAKESPEARE,W.: Hamlet. Cátedra Letras Universales
- Macbeth
- La tempestad
- El rey Lear
LOPE DE VEGA, F.: El caballero de Olmedo. Cátedra.
-Fuenteovejuna. Clásicos Castalia.
- El perro del hortelano. Castalia.
CALDERÓN DE LA BARCA, P.: La vida es sueño. Cátedra/Castalia.
-El príncipe constante. Cátedra.
TIRSO DE MOLINA, : El burlador de Sevilla y convidado de piedra. Cátedra.