Pontevedra, venres 24 de outubro de 2008
Adrián Maquieira Cambón
de 3º de ESO C foi o gañador
do logotipo para a nosa Biblioteca.
Noraboa!
Hoxe celebramos o Día da Biblioteca. Esta é unha data para saber máis da finalidade e dos servicios que podemos atopar nas bibliotecas.
Acudimos ás bibliotecas para buscar información que nos permita facer tra
ballos de todo tipo ou simplemente por curiosidade, que é precisamente a base do saber. Pero ademáis as bibliotecas ofrecen aos usuarios documentos moi variados: impresos, gravacións sonoras, imaxes, películas, material informático e outros.
Ter unha biblioteca a man danos unha sensación de seguridade e de lecer.
Hoxe as bibliotecas físicas te
ñen un engadido moi potente nas bibliotecas virtuáis ás que se pode comunicar todo o mundo sen necesidade de saír da casa. Se sabemos varias linguas, temos a posibilidade de achegarnos a unha morea de bibliotecas nas que ler na súa propia lingua aos autores que admiramos.

Neste blog temos unha lista das biblioteca máis interesantes do mundo e, por suposto, invitamoste a entrar nalgunha delas.
Na nosa biblioteca do centro preparamos unha serie de actividades para celebrar este día:
- Repartimos un tríptico que é unha guía para os
usuarios da biblioteca.
- Fixemos unha exposición no vestíbulo de Roteiros literarios


- O Lazarillo de Tormes
- O Quixote
- Coplas a la muerte de su padre
- Poema de mío Cid
- A esmorga
- Curros Enríquez.
- Exposición do Concurso de logotipos para a nosa biblioteca.
- Presentación do novo club de lectura para este curso.
- Consulta do Catálogo Meiga