Venres, 21 de maio de 2010
Diego Cacheda e Noela Covelo, gañadores do 1º premio do grupo B
Axel Iglesias recibindo o 1º premio de mans de
Cristina López Gago, a directora.
Os premiados
Hoxe entregaronse os premios do concurso co gallo do Centenario do poeta Miguel Hernández. O acto tivo lugar na nosa biblioteca ás 12, no recreo. O concurso estivo organizado polo departamento de Lingua castelá e Literatura en colaboración coa biblioteca.
Os participante tiñan que elaborar un traballo creativo a partir de textos e imaxes para falar da vida e obra do poeta de Orihuela. Todos os traballos presentados atinxiron un magnífico nivel.
O xurado, composto por tres profesores e tres alumnos, decidiu conceder os seguintes premios:
Grupo A(1º e 2º de ESO):
Primeiro premio: Axel Iglesias Calvo de 2º C
Segundo premio: Paula Lobagueira Sartier e Lorena Morono Sobral de 2º C.
Grupo B(3º e 4º de ESO):
Primeiro premio: Diego Cacheda Guillén e Noela Covelo Velasco de 4º B
Segundo premio: Noa Fernández Torres, Paula Estévez Piñeiro, Luis Gabino López López e Rita Valiño Martínez.
Os traballos presentados quedarán expostos na biblioteca do noso centro.
Felicitamos aos gañadores e agradecemos a participación das alumnas e dos alumnos que presentaron os seus traballos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario