Luns 22 de outubro de 2007
Para celebrar o día/semana das Bibliotecas propomos un xogo que consiste en atopar un libro concreto e a biblioteca onde se garda.
O libro agachado na biblioteca.
Bases:
- Pode participar todo o alumnado do noso centro.
- A proba consiste en averiguar o título e o autor do libro e a
biblioteca onde se conserva. Queremos poñer a proba tanto
os coñecimentos como as habilidades na técnicas de
procurar datos.
- O primeiro en descubrir os datos ten que os comunicar por
escrito nun sobre aos profesores da biblioteca. No sobre
engadirá os datos: Nome e apelidos, curso e grupo.
- A investigación pode facer uso das vías tradicionáis ou das novas tecnoloxías.
- O premio consistirá nun vale por 25 € en libros.
- Cada día anunciarase unha pista nova.
- Velahí a primeira pista: A imaxe que aparece no alto da páxina.
Outras actividades nesta semana.
Invitamosvos a visitar a exposición que está na planta baixa. O tema central é a elaboración e transmisión dos textos dende a Antigüidade ata os nosos días. Podedes ver os instrumentos e os soportes da escrita nunha serie de cadros.
Na biblioteca haberá unha exposición sobre os soportes dos textos: Libros, casetes, discos de vinilo, disquetes, cd, dvd, etc.
No vestíbulo, podedes participar no Scriptórium como un xeito de recrear o traballo dos copistas na Idade Media, copiando textos con plumas, canas e outros instrumentos de escritura.
O noso desexo é que cada alumna e cada alumno leve un libro da nosa biblioteca nesta semana como unha forma de vivir de verdade a semana da biblioteca.
Pedimos a vosa colaboración e participación. Moita grazas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario