viernes, 4 de junio de 2010

Concurso do Centenario do poeta Miguel Hernández

O xurado composto por tres profesores e tres alumnos concedeu por unanimidade os premios aos seguientes traballos:

Primer premio : Axel Iglesias Calvo de 2º C










Diego Cacheda Guillén e Noela Covelo Velasco 1º premio

Segundo premio: Paula Lobagueira
Sartier e Lorena Morono Sobral de 2º C
Grupo B:












A Directora fai entrega do 2º premio Foto de conxunto dos gañadores.
Segundo premio: Noa Fernández Torres, Paula Estévez Piñeiro, Luis Gabino López López e Rita Valiño Martínez. Entrega o profesor Francisco Javier Gil Sotres







O departamento de Lingua Castelá e Literatura e a Biblioteca felicitan aos ganadores e agradece a participación de todos os alumnos nesta actividade. Parabéns a todos.
Pontevedra a 12 de maio de 2010

Os 50 anos de Astérix no noso instituto



Os 50 anos da creación das aventuras de Astérix e Obélix.
Durante os meses de abril e parte de maio tivemos na nosa biblioteca e no hall do instituto unha esposición sobre os 50 anos de Astérix.
Máis de un aproveitou para facerse unha foto cos persoaxes do famoso cómic.
Para lembrar o acontecementos poñemos unhas fotos dos diferentes materiais.






Temos que dar as grazas aos profesores e profesoras que colaboraron coa biblioteca. Destacamos
labor da profesora Milagros Couceiro que deseñou e pintou as figuras de Obélix e da muller de Idadepédrix e que deron un gran realce a esposición.
Francisco Villamil fixo un traballo de recollida e esplicación dalguhas frases en latín que aparecen nos libros de Astérix.
Inmaculada Vicente fixo cos seus alumnos unhas tarxetas co gallo do aniversario dos herois do cómic.
Os alumnos que participaron no concurso tiveron que buscar a solución a unha serie de preguntas sobre as aventuras, persoaxes, etc. das historias de Astérix.
Grazas a todos pola participación na actividade.

viernes, 21 de mayo de 2010

Máis fotos da entrega de premios

As gañadoras do 2º premio grupo A, Paula Lobagueira e Lorena Morono
Os gañadores con Beatriz Vázquez e Santiago Eizaguirre, profesores de Lingua castelá.















Os gañodores do 2º premio co seu traballo F. J. Gil entrega o premio

Premio Concurso Centenario Miguel Hernández

Venres, 21 de maio de 2010
Diego Cacheda e Noela Covelo, gañadores do 1º premio do grupo B
















Axel Iglesias recibindo o 1º premio de mans de
Cristina López Gago, a directora.
Os premiados


Hoxe entregaronse os premios do concurso co gallo do Centenario do poeta Miguel Hernández. O acto tivo lugar na nosa biblioteca ás 12, no recreo. O concurso estivo organizado polo departamento de Lingua castelá e Literatura en colaboración coa biblioteca.
Os participante tiñan que elaborar un traballo creativo a partir de textos e imaxes para falar da vida e obra do poeta de Orihuela. Todos os traballos presentados atinxiron un magnífico nivel.
O xurado, composto por tres profesores e tres alumnos, decidiu conceder os seguintes premios:
Grupo A(1º e 2º de ESO):
Primeiro premio: Axel Iglesias Calvo de 2º C
Segundo premio: Paula Lobagueira Sartier e Lorena Morono Sobral de 2º C.

Grupo B(3º e 4º de ESO):
Primeiro premio: Diego Cacheda Guillén e Noela Covelo Velasco de 4º B
Segundo premio: Noa Fernández Torres, Paula Estévez Piñeiro, Luis Gabino López López e Rita Valiño Martínez.
Os traballos presentados quedarán expostos na biblioteca do noso centro.
Felicitamos aos gañadores e agradecemos a participación das alumnas e dos alumnos que presentaron os seus traballos.


jueves, 11 de febrero de 2010

Unha nova actividade na nosa biblioteca

Pontevedra, xoves 11 de febreiro de 2010


Hai dúas semanas comezamos un ciclo co título
Outras linguas, outras voces, outros acentos
no que pretendemos dar protagonismo aos alumnos e as alumnas doutros países que estudian no noso centro. Queremos que a súa cultura sexa visible. Polo tanto fixemos dúas sesións de contacontos con gran asistencia de alumnos.
A primeira estivo adicada a Marrocos.
A sesión desenvolveuse do seguinte modo:
-Breve presentación do ciclo e dos obxectivos que pretendemos.
-Interpretación dunha sintonía que abrirá a actividade con música ao vivo.
-Lectura de varios contos de Marrocos tomados da tradición oral na lingua orixinal (árabe) e versión consecutiva en castelán.
-Ilustración musicais do grupo de instrumentos e percusión.
- Sintonía para rematar a sesión.
-Té con menta para todos.

A segunda sesión adicouse a Senegal.
A sesión desenvolveuse do seguinte modo:
-Breve presentación.
-Interpretación da sintonía do ciclo.
-Lectura de un conto longo do Senegal na lingua wolof tomados da tradición oral versión consecutiva en galego.
-Ilustración musicais do grupo de instrumentos e percusión.
- Sintonía para rematar a sesión.
-Té con menta para todos.

Enderezos interesantes para ler e escoitar contos do mundo:
Contos africanos en francés.
Contos do mundo en galego.
En francés. Moi interesante para ler e ouvir.
A seguinte sesión será sobre contos do Brasil o vindeiro xoves 18 ás
12 h.

miércoles, 13 de enero de 2010

Os libros do ano 2009 segundo o xornal EL PAÍS

Pontevedra, 13 de xaneiro de 2010


Para os que desexen estar ao día recollo o enderezo onde podedes saber qué libros foron os máis importantes segundo unha serie de críticos e lectores especializados.
Aproveito a ocasión para presentar unha publicación, que acaba de saír do prelo e aínda está quentiña, sobre Eduardo Blanco Amor. Trátase dunha obra de homenaxe ao escritor co gallo dos 5o anos da publicación de A esmorga. Ademáis dun libro inclúe un disco e un dvd. No libro hai ensaios sobre a fotografía e Blanco Amor, a evolución da cidade de Ourense, un xogo de rol baseado na novela e unha banda deseñada sobre a novela. O precio e verdadeiramente increíble, 15 euros. Xa falaremos máis desta iniciativa tan multidiciplinar. Editorial Difusora, Ourense.

EBA 5.0
O universo de Eduardo Blanco Amor 50 anos despois d'A Esmorga

Unha obra en 150 páxinas que dá entrada a diferentes textos e accións vinculadas con A Esmorga e con outras facetas de Eduardo Blanco Amor.
Textos e accións en diferentes formas e xéneros: a banda deseñada, o xogo de rol e o ensaio –histórico, artístico e sociolóxico– a música, os títeres ou o deseño gráfico.

domingo, 10 de enero de 2010

Volta ao traballo

Luns, 11 de xaneiro de 2010

Un novo ano. Non está mal ver un vídeo para comprobar a onde imos parar cos malos costumes, segundo J. Mota no programa de fin de ano.
http://www.youtube.com/watch_popup?v=GvWWC4sFd4w#t=187