viernes, 23 de mayo de 2008

Un gran libro para interesarse polos estudios filolóxicos


Venres, 23 de maio de 2008


Acabo de ler un libro que aconsello a todas as persoas que teñan interés pola lingua. O autor, V. Klemperer, un profesor de lingua francesa alemán, tivo que vivir a terrible experiencia do nazismo, por ser xudeu. No seu libro: LTI ( Título en latín de A lingua de tercer Reich), apuntes de un filólogo, editorial Minúscula, Barcelona, 2001, vai estudiando con paciencia os rasgos característicos da lingua do nazismo. O estudio misturase coa vida cotiá do autor e da súa dona que pasan por enormes dificultades mesmo para conseguir libros porque os xudeus non podían ler nas bibliotecas públicas. Recomendo o libro tanto polo seu valor científico como polo testimonio de humanidade e razón dun home nunha época de barbarie.

jueves, 15 de mayo de 2008

Libros de teatro




Xoves 15 de maio de 2008




Despois da mostra de libros de teatro imos elaborar unha lista de libros de teatro recomendados. Xa se sabe que hoxe non se len moitos libros de teatro por moitas razóns. Hai anos o interés de moita xente polo teatro era doble porque asistía ás representacións e ademais lía textos teatrais en moitos grupos de teatro aficionado. Por outra banda, había varias editoriais de libros de teatro, que publicaban libros baratos.


Actualmente nas editoriais máis importantes podemos encontrar obras de teatro de todas as épocas. Nalgunhas colecións editanse os textos bilingües, por exemplo, as obras de Shakespeare en Cátedra, Letras Universales. E si non podemos atopar o libro desexado sempre queda a percura na rede, onde nas distintas bibliotecas virtuais aparecen obras de teatro.

Lecturas de teatro:
Los grandes trágicos griegos:
SÓFOCLES: Edipo Rey. Cátedra, Letras Universales/Editorial Gredos/Akal/Alianza Editorial.
ESQUILO: La Orestiada. Cátedra Letras Universales/Editorial Gredos/Akal/ Alianza Editorial.
EURÍPIDES: Las bacantes. Cátedra, Letras Universales./Edit. Gredos/Akal/Alianza Editorial.
La comedia:
ARISTÓFANES: Lisístrata. Cátedra, Letras Universales.
----
PLAUTO: Comedias. Cátedra, Letras Universales.
----------
SHAKESPEARE,W.: Hamlet. Cátedra Letras Universales
- Macbeth
- La tempestad
- El rey Lear
LOPE DE VEGA, F.: El caballero de Olmedo. Cátedra.
-Fuenteovejuna. Clásicos Castalia.
- El perro del hortelano. Castalia.
CALDERÓN DE LA BARCA, P.: La vida es sueño. Cátedra/Castalia.
-El príncipe constante. Cátedra.
TIRSO DE MOLINA, : El burlador de Sevilla y convidado de piedra. Cátedra.

martes, 6 de mayo de 2008

Fernando Marías estivo con nós

Fernando Marías

Aviación Republicana
POLIKARPOV I-15 ("CHATO")






Aviación nacional
Savoia-Marchetti SM-81 ("Pipistrello")
O pasado mércores, 29 de abril, o escritor Fernando Marías compartiu uns momentos cos alumnos de 3º e 4º de ESO.
O acto foi organizado polo departamento de Lingua castelá e Literatura.
Despois dunha breve presentación por parte de dúas alumnas de 4º curso, o novelista comezou a falar da súa obra Cielo abajo, editorial Anaya, coleción Espacio Abierto, 2005, pola que recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 2006.
De forma moi amena e cunha gran viveza no relato o autor tratou tres aspectos básicos da súa obra. En primeiro lugar falou de toda unha morea de libros nos que pescudou sobre os combates da guerra civil e, en especial, a relativa o loita no ar da aviación. Confesou que a mellor decisión que tomara foi a de voar nunha avioneta de aluguer perto de Madrid. A esperiencia de voar foi tan intensa que lle cambiou a forma de ver a realidade e foi fundamental para a elaboración da novela.
Un segundo aspecto básico xurdiu dunha pregunta que se fixera sobre o miragre da resistencia de Madrid ante o ataque das forzas nacionalistas.
Esto levoulle a descubrir e estudiar a fondo a vida e personalidade do xeneral Rojo, un exemplo de fidelidade ás crenzas democráticas. E o terceiro aspecto básico sobre o que se fundamenta a súa novela é o papel das mulleres na guerra civil, que está representado polas tres Constanzas.
Os alumnos seguiron con moita atención as razóns que iba aportando o escritor.

Ao final houbo un breve coloquio que amosou o grado de profundidade de lectura de algúns alumnos, o que lle sorprendeu ao novelista.
Tras o merecidos aplausos pola súa entretida charla, Fernando Marías asinou exemplares da novela lida polo alumnos.

martes, 22 de abril de 2008

Exposición de libros de teatro na nosa biblioteca

Día do Libro










Martes, 22 de abril de 2008

Para celebrar o Día do Libro fixemos unha exposición de libros sobre o teatro. Os libros están organizados en catro apartados:

Apartado 1. Teatro grego e román.





Apartado 2: Teatro español dende a Idade Media ó século XVII, Shakespeare, os dramaturgos franceses e Goldoni.


Apartado 3: Obras de autores españois e extranxeirosdos séculos XIX e XX. Obras teóricas e estudios de teatro.


Apartado 4: Revistas de teatro y libros de teatro.

Agardamos a vosa visita. Grazas.


Corral de comedias de Almagro

Máis información:




http://commons.wikimedia.org/wiki/Ancient_theatres#Greece Imaxes de antigos teatros de Grecia e Roma.

http://es.wikipedia.org/wiki/Kabuki Para outras formas de teatro: teatro japonés tradicional

Kabuki.


Vídeos de teatro:




http://www.lateatral.com/ Unha revista de teatro feita en Andalucía.



http://www.elsjoglars.com/ Páxina oficial de Els Joglars.



Enderezos prácticos:

http://www.teatroespanol.es/ Vista do interior do Teatro Español (Madrid) http://igaem.xunta.es/cdg/?lg=gal Centro Dramático Galego.
http://www.teatrelliure.com/indexcas.htm Teatro catalán:Teatre Lliure.

http://www.mcu.es/artesEscenicas/index.html Páxina do Ministerio de Cultura.

Sobre autores e obras teatrais:



lunes, 21 de abril de 2008

Un auténtico estímulo á lectura

Luns, 21 de abril de 2008.


Neste fin de semana que pasei en Madrid lín con moito interese coma sempre os textos da campaña de fomento da lectura "Libros a la calle", iniciativa que poñen en marcha o gremio de editores e o gremio de libreiros de Madrid e CEDRO en colaboración co Consorcio de Transportes da Comunidade de Madrid e a Empresa Municipal de Transportes, Cercanías RENFE e Metro de Madrid, xunto coas tres administracións: autonómica, municipal e estatal. Esta campaña, sinxela e intelixente, tenta de facer de cada viaxeiro un lector potencial que aproveita un tempo no bus ou no metro para ler uns textos breves pero moi ben elexidos tanto pola súa variedade xenérica(narrativa, poesía, teatro) como pola amplitude histórica e a calidade dos mesmos. Eu sempre que vou a Madrid percuro os textos, e trato de adiviñar a que todo pertecen o quen son os seus autores. É moi grato comprobar como se disparan as emocións que levan engadidos determinados textos, algúns case xa esquecidos e outros sempre presentes na memoria. Nesta vez chamoume a atención un poema, bilingüe, en Madrid, sí señor, de Celso Emilio Ferreito, e para que conste pego o cartel neste blog:
http://www.librosalacalle.com/web/

Noraboa a todos os que participan nesta campaña e, de paso, xa vai sendo hora de que en Galicia se faga algo semellante. É ben doado.

Para os que desexen ver os textos da campaña:http://www.librosalacalle.com/web/ no apartado Textos, tamén podese entrar nos textos das campañas anteriores.

Juan Gelman, Premio Cervantes


Luns 21 de abril de 2008

O vindeiro mércores 23 de abril, Día do Libro, o poeta arxentino Juan Gelman recibirá o Premio Cervantes en Alcalá de Henares. Máis información en http://todoporunlibro.blogspot.com/
Podes ver o blog de Juan Gelman:
http://www.juangelman.com/wordpress/?p=323
Un poema do seu libro Mundar:


La manzana
Manzana sola en la fuente,

¿qué hace sin Paraíso? Nadie ve
su cicatriz amarga.
¿Me pregunta a dónde fue el secreto
de irse por tanta puerta
cerrada, alto el crepúsculo
firme, la cara quesueña, sueña, sueña,
sin importar lo que perdió?
En un rincón, el viento
mueve la sombra de las hojas.

jueves, 17 de abril de 2008

Novas sobra a novela gráfica








Xoves 17 de abril de 2008





De Joann Sfar



O xornal EL PAÍS publicou o sábado, 12 de abril, unha nova sobre a novela gráfica. O autor do artículo, Israel Punzano, recolle o fundamental do novo formato das historietas e anima á lectura das novelas gráficas con máis sona. Neste artículo, publicado en Babelia, páxs. 8-9, podedes seguir as tendencias e os nomes dos principais creadores deste xénero que está medrando tanto en cantidade como en calidade. Para consultar e ler o artigo:

Sobre o Salón do cómic de Barcelona:

Sobre os autores invitados:



Recomendo a todos a lectura da novela gráfica Klezmer de Joann Sfar tanto pola soltura das súas ilustracións como pola beleza e sentido narrativo da historia. O único que me faltou foi escoitar algunha peza da música Klezmer, da que se fala e que é a base do libro. Repito un libro verdadeiramente precioso que ademáis continúa nun segundo volume. Voume facer un fan de Sfar, "esfareime".Entrevista con Joann Sfar: http://www.lacarceldepapel.com/varios/entrevistasfar.htm
Para a música klezmer: YouTube - Budapest Klezmer Band I
Related Videos. Music duel: Jewish klezmer vs Gipsy music ...2 min. 49 seg. -
www.youtube.com/watch?v=ZpqVYvPIv1s