jueves, 15 de octubre de 2009

Pop-up. Algo máis que libros divertidos



Xoves15 de outubro de 2009








Seguro que moitos de vós sabedes que e un pop up aínda que non o asociedes a esta denominación. Un pop up é un libro que se abre e ofrece imaxes en tres dimensións. As formas e técnicas son moi variadas e sorprendentes. Nestes libros participan artistas, grandes deseñadores, arquitectos para lograr auténticas obras de arte.


Para os que estean interesados vou dar algunha información de blogues e páxinas web:




http://www.robertsabuda.com/ Podes aprender a facer pop up.

http://www.libraries.rutgers.edu/rul/libs/scua/montanar/p-ex.htm
Libros checos desplegables:
http://www2.lib.virginia.edu/exhibits/popup/kubasta.html
http://librospopup.blogspot.com/2008/03/vojtech-kubasta-el-mago-oculto-de-los.html
http://www.library.unt.edu/rarebooks/exhibits/popup2/kubasta.htmhttp://www.janpienkowski.com/home.htm

Libros chinos xigantes en vídeo.

http://www.instructables.com/tag/?sort=none&q=pop+up+books&limit%3Atype%3Aid=on
Varios exemplos de libros e vídeos.

viernes, 9 de octubre de 2009

E. A. Poe 150 anos da súa morte


O pasado 7 de outubro cumprironse 150 anos da morte do escritor norteamericano E. A. Poe. A obra deste narrador, poeta e ensaísta medra en importancia cada día. Todos os lectores que se achegan por primeira vez á súa obra queda abraiados pola potencia da súa escrita e nunca abandonan as páxinas inesquecibeis de Poe.


A mellor forma de homaxe é ler algunha das súas obras, por exemplo, os contos.

Hai na rede moitas páxinas adicada á vida e á obra de Poe. Tamén podense ler e escoitar nas bibliotecas virtuais moitas das súas creacións.


Para saber máis:





http://www.houseofusher.net/ Textos e máis cousas.


www.biografiasyvidas.com/biografia/p/poe.htmhttp://www.eapoe.cl/En español, con moitos relatos para descargar.

http://www.poemuseum.org/Sitio en inglés en Richmond (Virginia)

http://www.eapoe.org/ The Edgar Allan Poe Society of Baltimore, en inglés.Moi completo

miércoles, 30 de septiembre de 2009

Xa estamos de novo

Mércores 30 de outubro de 2009



Bos días a todos. Damos unha cordial benvida a todos os novos alumnos que comezan este curso no noso centro. Esperamos que a información e os traballos que irán aparecendo neste blogue vos poidan servir para aprender. Tamén queremos ofrecer novas sobre libros ou propostas para o tempo de lecer. Estamos abertos a toda colaboración e, por suposto, ás vosas suxerencias.
Estamos a traballar na biblioteca para ter todo a punto e poder ofrecer un bo servicio. Este ano vai haber moitas novedades para todos. Unha aperta.

jueves, 16 de abril de 2009

Celebramos o ano da Astronomía cunha gran exposición no vestíbulo











 Xoves, 17 de abril de 2009

    Unha completa e magnífica exposición feita pola profesora de Matemáticas Carmen Ruano e coa colaboración de Mercedes Jiménez e Pepa Vicario está aberta para ser aproveitada e disfrutada nos momentos de lecer ou no tempo das clases acompañados polos profesores. É un traballo moi ben elaborado, feito con moito coidado e que ten en conta aos destinatarios, os alumnos e as alumnas tanto de ESO como de Bacharelato. Hai moita información sobre os planetas, as estrelas, as galaxias, os calendarios, os principais astrónomos e as principais astrónomas. Tamén é de salientar a participación dos alumnos de ESO que ofrecen nos seus debuxos unha visión do ceo. 

 Nas vitrinas ofrecense unha serie de publicacións e obxectos sobre astronomía: libros, folletos-revistas.

jueves, 26 de marzo de 2009

A medida da Terra seguindo os pasos de Eratóstenes











Xoves 26 de marzal de 2009


Hoxe dende as 11,15 ás 14,10 os alumnos de 4º curso da ESO, 1º e 2º de Bacharelato e o profesor de Física e Química, Miguel Anxo Martín, e os profesores de Matemáticas, Carmen Ruano e Xoan Iglesias fixeron a experiencia de Eratóstenes, un sabio e científico grego do século III a C.

A actividade está encadrada no proxecto da Biblioteca do noso centro no Ano da Astronomía e coordinada pola profesora Josefa Vicario que animou o traballo e levou o proceso de inscripción do noso centro nesta actividade desenvolvida en toda España o día 26 de marzal.

http://www.astronomia2009.org.ar/actividades-propuestas-por-el-nodo/proyecto-eratostenes-medicion-del-diametro-de-la
Como xurdiu a idea na mente de Eratóstenes?

O experimento xurdiu despois de ter lido Eratóstenes nun papiro que na cidade de Sienna, a 800 km de Alexandría, alguén observara que o sol o día 21 de xuño se refrexaba na superficie dun pozo, é decir, que os raios do sol caían de forma vertical. Para comprobar si en Alexandría sucedía o mesmo tomou datos cun gnomon, como o que marca as horas nos reloxios solares, e deduciu que a Terra non era plana como se crera ata ese momento ao tempo que cunha serie de cálculos e cuns medios rudimentarios para a época foi capaz de medir a Terra cun escaso nivel de erro.
O único que levou o traballo pesado foi o camiñante que partiu dende Alexandría ata Sienna contando os pasos, traducidos a km, 800 km, que non está nada mal porque supón uns 30 días a unha media de 30 km diarios, e uns profesores entramos na parte pintoresca imaxinando a aquel andador salvando as dificultades do camiño, pelexando cos crocrodilos e outras bestas.

Podedes ver parte da experiencia nestas fotos:







Podes consultar e saber máis en :




(Como mediu Eratóstenes)

http://www.alcione.cl/nuevo/var/misc/cognitivas/eratostenes03.jpg&imgrefurl=http://

www.alcione
Aproveito a ocasión para recomendar a lectura do libro de

BOORSTIN: Los descubridores. Ed. Crítica. ( Na biblioteca pública hai un exemplar)



lunes, 2 de marzo de 2009

Unha boa ferramenta para crear textos orixinais e fermosos

                                                                    FEITO CON WORDLE. NET


Luns 2 de marzal de 2009

 

 Invitovos a entrar no mundo do diseño grazas ao pro
grama Wordle que permite facer e desfacer de moitas formas textos. 
 Seguro que os sorprenderedes. Será unha boa ferrame
nta para deseñar portadas, camisetas e creacións persoais. 
http://www.wordle.net/gallery/wrdl/604039/Untitled"
      title="Wordle: Untitled">Wordle: Untitled


miércoles, 25 de febrero de 2009

O Entroido na Biblioteca

                                             Chega o Entroido!


                                         Obra de Mimí Couceiro, artistaza.                                     


Mércores, 25 de febreiro de 2009

 Podedes ver na nosa biblioteca unha exposición sobre o Entroido preparada polas profesores Mercedes Jiménez e Josefa Vicario e a colaboración de alumnos de 4º de ESO. 

 















Nas vitrinas exponse material diverso sobre o Entroido: libros, fragmentos de textos como o famoso do Arcipreste de 
Hita "La batalla de don Carnal y doña Cuaresma" do Libro de Buen Amor, 
obras artísticas inspiradas nas máscaras, etc. 
 

Esta é unha boa ocasión para ler algúns textos moi representativos da literatura universal, poño por caso, os relatos de E. A. Poe. 
 








                                             Animádevos e visitade esta exposición.