lunes, 17 de noviembre de 2008

O club de lectura en marcha







Luns, 17 de novembro de 2008


 I.E.S. A Xunqueira 2. Pontevedra 


  Proxecto Club de Lectura.
Introdución.
Créase este club de lectura para fomentar a lectura e o intercambio de opinións sobre as obras lidas. Trátase de que os alumnos e as alumnas non se sentan illados como lectores senón que poidan compartir as súas experiencias con outros compañeiros ao longo do curso.Obxectivos. 

Podemos enumerar os seguintes obxectivos:- Presentar a afección á lectura como algo normal na vida estudantil.

- Ver a lectura como unha actividade máis aló das actividades propias das materias lectivas.- Considerar a lectura como unha forma de comunicación cos demais.

- A finalidade da lecturanon se termina ao pechar o libro lido.

- Aprender a oír e a respectar outras opinións sobre os libros.

- Potenciar os valores relacionados coa participación en actividades comúns.

- Defender a cultura como un fenómeno de reencontro con nos mesmos e con outras persoas.

- Aprender a expresar e a defender as opinións persoais sen temor.

- Articular unhas formas de enlace co resto do alumnado.

- Empregar as novas tecnoloxías para transmitir as opinións sobre as lecturas.

- Aproveitar o blog da biblioteca como canle das actividades do club.

- Participar ou colaborar na preparación de actividades relacionadas cos libros e a lectura como presentación de obras, información de novidades editoriais,homenaxes a escritores, exposicións sobre o mundo da lectura, etc.

- Preparación de lecturas públicas de textos.

- Selección de libros de lectura para os distintos niveis educativos.
- Recomendacións de libros con motivo de distintas festas ou celebracións:Nadal, Día do Libro, Día das Bibliotecas, Día das Letras Galegas, etc.

- Interesarse polo gusto do alumnado sobre libros.

- Adquirir libros e ma

terial que interese aos alumnos e alumnas.
- Completar certas seccións da biblioteca, especialmente, os cómics, libro
xuvenil, libros sobre divulgación científica, educación en valores, sobre aspectos
socioculturais como a emigración, a condición feminina, etc.
- Iniciar ao alumnado nunhas pautas de conduta que lle permitan afirmar a súa
personalidade, tomar decisións e saber comunicalas aos demais.

Obxectivos específicos para este curso 2008-2009:

 -Ampliación das obras de lectura a textos vencellados, polo seu carácter o polo seu contido, ao pensamento e á Filosofía. Estamos pensando tanto  en obras narrativas nas que se prantexen temas como a libertade, a dereito á diferencia, a liberación da muller, etc., como en textos de carácter filosófico e ensaístico.

 - Un grupo adicado á lectura de novela gráfica, un xénero moi de actualidade e que pode servir para atraer novos lectores que pasan da historieta tradicional a este novo formato do que hai obras de gran calidade.

- Outro grupo adicado á lectura de textos históricos tanto a partir de novelas como estudios de historia que podan asimilar os nosos alumnos.

-No segundo trimestre tentaremos formar un pequeno grupo de lecturas científicas adaptadas ao nivel do alumnado, porque neste campo está todo por facer.
Composición e organización.
Compoñentes.
O club terá un número máximo de dez participantes en cada un dos bloques que se formen e que pertenzan aos distintos niveis educativos (ESO e Bacharelato).
Preténdese que os compoñentes do club continúen en parte os seguintes anos e poidan dar unha continuidade ás actividades programadas. Pola experiencia do ano anterior, pode ser:

  Grupo A: Cursos 1º e 2º de ESO.

  Grupo B:  Cursos 3º e 4º de ESO

  Grupo C:  Cursos 1º e 2º de Bacharelato 

Organización.
A persoa que organice o club debe ser un elemento animador que coordine as diferentes propostas que xurdan das reunións. Enténdese que o funcionamento do club debe ser áxil e aberto ás distintas ideas e gustos.

Contaremos cun profesor para cada unha das modalidades:

  Lecturas de Literatura en lingua castelá (narrativa e poesía)

  Lecturas de Literatura en lingua galega (narrativa e poesía)

  Lecturas de libros de pensamento ou de Filosofía.

  Lecturas de libros de Historia

viernes, 24 de octubre de 2008

Día da Biblioteca









Pontevedra, venres 24 de outubro de 2008


  

 Adrián Maquieira Cambón
 de 3º de ESO C foi o gañador 
do logotipo para a nosa Biblioteca.
Noraboa!


Hoxe celebramos o Día da Biblioteca. Esta é unha data para saber máis da finalidade e dos servicios que podemos atopar nas bibliotecas. 
  Acudimos ás bibliotecas para buscar información que nos permita facer tra
ballos de todo tipo ou simplemente por curiosidade, que é precisamente a base do saber. Pero ademáis as bibliotecas ofrecen aos usuarios documentos moi variados: impresos, gravacións sonoras, imaxes, películas, material informático e outros. 
  Ter unha biblioteca a man danos unha sensación de seguridade e de lecer.
  Hoxe as bibliotecas físicas teCursivañen un engadido moi potente nas bibliotecas virtuáis ás que se pode comunicar todo o mundo sen necesidade de saír da casa. Se sabemos varias linguas, temos a posibilidade de achegarnos a unha morea de bibliotecas nas que ler na súa propia lingua aos autores que admiramos.
  Neste blog temos unha lista das biblioteca máis interesantes do mundo e, por suposto, invitamoste a entrar nalgunha delas. 

 Na nosa biblioteca do centro preparamos unha serie de actividades para celebrar este día:
- Repartimos un tríptico que é unha guía para os 
usuarios da biblioteca.
- Fixemos unha exposición no vestíbulo de Roteiros literarios


    nos que se inclúen os seguintes:
     - O Lazarillo de Tormes
     - O Quixote
     -  Coplas a la muerte de su padre
     - Poema de mío Cid
     - A esmorga
     - Curros Enríquez.

  - Exposición do Concurso de logotipos para a nosa biblioteca.


  - Presentación do novo club de lectura para este curso.
  - Consulta do Catálogo Meiga

jueves, 9 de octubre de 2008

Un libro de Pepe Viyuela







Xoves, 9 de outubro de 2008



O actor Pepe Viyuela publicou un libro cheo de maxia sobre o circo. Nas prosas, cheas de poesía, de Pepe Viyuela, fai unha viaxe polo mundo interior do circo presentando un bestiario tanto no senso literal como no máis amplo. Desfilan os animais característicos baixo a carpa pero tamén nos achega a música da orquesta ou os risos dos espectadores.
Coido que despois do libro de Ramón Gómez de la Serna, El circo, este é o libro máis fermoso que podemos ler nunha lectura que pode ir dando brincos e pinchacarneiros sen a obriga de seguir a orde dos capítulos.
Unha auténtica festa da imaxinación e unha visión poética dun home que ama o teatro e o circo e que ademáis é un gran paiaso. Queremos máis libros coma este. Máis Viyuela, por favor.
Unha pequena mostra:
EL MAGO
Debe su existencia a su capacidad para deslumbrar al espíritu, a ser capaz de describirnos sin palabras la incógnita de los orígenes, y a saber romper los hilos de la lógica para crear otros vínculos entre las causas y los efectos.Es experto en hacer quiebros a lo razonable. Mostrando infinitas posibilidades para lo común y lo esperado. Que deja de serlo cuando él lo desbarata. Lo vulgar entre sus manos y sus pañuelos se convierte en lo que menos podíamos imaginar, dudamos de lo que vemos y quisiéramos entrar en la trastienda de sus ojos para ver a través de ellos.Son sus palomas el espíritu santo del circo, aparecen de entre sus gasas de colores y esperan la irrupción de un conejo que siempre habitó en la chistera. Ni la paloma es paloma ni el conejo es conejo, sino extraño comodín, un ser indefinible y voluble que entre sus manos es potencia infinita, que toma todas las formas y a ninguna pertenece. Es lo más parecido a un dios con chaqué, que con su abracadabra nos despista y nos arrastra a soñar mundos diferentes, dónde lo posible es aburrido y lo imposible llena nuestros bolsillos.Es su chaqueta una sobrepiel llena de escondrijos y secretos, de la que brotan los aromas lejanos de lo que no puede ser. De ella zarpan cascadas de polvos mágicos que viajan al país de la metamorfosis y hacen estornudar las cosas y volverlas del revés.Quieren hacernos creer que todo es juego, pero en el fondo todos sabemos que habitan, cuando nadie los ve, en la dimensión humeante y vaporosa de un millón de hechizos. Se disfrazan de nosotros y aparentan soñar lo mismo, pero nos ven desde dentro y dirigen nuestra mirada y nuestra voluntad. Cuando estamos a su lado, lo que vemos y sentimos es, sin duda, lo que ellos nos dictan en un silencio de siglos condensado en segundos. Son capaces de absorber nuestra presencia y hacer desaparecer nuestra atención, de atraparnos con un movimiento de su mano e imantar nuestra mirada para que vuele hasta la nada. Mientras ellos dan la vuelta al mundo y vuelven luego, como si nada hubieran hecho, cargados de sorpresas.Sus ramos de flores, de súbita aparición, les nacen en eterno de la palma de la mano. Son flores que han regado con su sangre, una pócima de vida, teñida de bermellón, una sangre que circula por el aire y por la tierra, por la espalda de los unicornios, y que cuando se cortan tiñe los cuchillos de invisible y los transforma en bastón o en cuerda de nudos. Si una gota de su sangre cayera al suelo, al instante brotaría una columna de mariposas y pañuelos de colores, amanecería varias veces seguidas solo en ese punto de la tierra. Si la sangre nos tocara, estaríamos durante varias horas apareciendo y desapareciendo como un luminoso de neón.
Fragmento do libro Bestiario del circo de Pepe Viyuela
Para obter máis información:
Unha entrevista a Pepe Viyuela

jueves, 2 de octubre de 2008

Poesía visual


Incidente poético de Julián Alonso



Xoves, 2 de outubro de 2008


POESIA VISUAL ESPAÑOLA


(ANTOLOGIA COMPLETA)de VV.AA.
CALAMBUR EDITORIAL, S.L.



A poesía ofrece moitas formas de expresión tanto de temas como de métrica e linguaxe. A poesía visual, termo de non moi fácil explicación, é unha variedade na que se empregan procedementos plásticos, gráficos, imaxes e movemento. Aínda que a poesía visual ten antecedentes moi antigos na Grecia clásica e especialmente na Idade Media, o seu desenvolvimento produciuse no século XX no eido das vangardas como o Futurismo, Dadaísmo e Surrealismo.


Hoxe co emprego dos ordenadores atopamos a Net Poetry, a Ciberpoesía e a Poesía na era dixital. Así podemos ver e tamén facer poemas nos que se misturan sons, imaxes e movemento.

Para saber máis recomendamos.


Para ter un visión básica e poder acceder a outras páxinas.


É fundamental a páxina adicada a Joan Brossa:





Unha boa presentación.


Poesía visual galega:


Poesía visual arxentina:


Un obradoiro de poesía visual e máis cousas:

Os pequenos tamén fan poesía visual:

miércoles, 24 de septiembre de 2008

Estamos de volta

Mércores, 24 de setembro de 2008

Adeus, vacacións, adeus areas das praias(pouca praia este verán), adeus os momentos de lecer e preguiza, adeus...Agora é o momento de voltar as nosas tarefas, ao traballo cotián que tamén leva moito pracer non o podemos esquencer.
Desexamos unha benvida a todo o novo alumnado e aos que estiveron no ano anterior. Para todos e todas un bó curso cheo de amizade e gañas de aproveitar o tempo. Dende este blog da biblioteca queremos animarvos a ler libros de todo tipo e a participar nas activades presenciais que prepararemos como O club de lectura. Tamén invitamosvos a colaborar cos vosos traballos neste blog onde poderedes poñer as vosas opinións e críticas dos libros que vos gustan.
Como novidade na biblioteca poderedes atopar novelas gráficas que estarán a vosa disposición.
Grazas pola vosa atención.

martes, 17 de junio de 2008


Martes, 17 de xuño de 2008
Algunhas recomendacións para este verán:


Veño de terminar de ler un libro moi divertido e satírico dun escritor ruso, Vadlimir Voinóvich. Este autor escribiu a novela, Vida e insólitas aventuras del soldado Iván Chonkin, que pola censura non se puido publicar na URSS e apareceu en París en 1974 con gran éxito.
A novela conta as aventuras dun soldado que non serve para nada e vai cumplir unha misión como vixiante dun avión averiado. A presencia do soldado no pequeno pobo provoca diversos comentarios e temores. Por outra banda as actuacións de Iván Chonkin creará situacións moi cómicas que farán rir aos lectores.
Vida e insólitas aventuras del soldado Iván Chonkin
Autores: VLADIMIR VOINÓVICH.
Editorial: DEBOLSILLO, 9,95 euros./ Libros del Asteroide 19 euros.



Aproveito a ocasión para falar de dous libros de autores rusos que son realmente maravillosos:


BULGAKOV, Michail: El maestro y Margarita. Alianza editorial.





É unha novela na que se mistura a realidade rusa postrevolucionaria e un mundo fantástico nas rúas de Moscú.
Máis información en:

http://www.epdlp.com/escritor.php?id=1515

http://es.wikipedia.org/wiki/Bulgákov

A segunda novela, que debería ser a primeira de todas pola súa importancia e por ser un clásico da literatura rusa, é Almas muertas de N. V. Gógol, Alianza editorial/ Edaf.

Máis sobre Gógol:


http://es.wikipedia.org/wiki/Nikolái_Vasílievich_Gógol

http://www.epdlp.com/escritor.php?id=1766
http://www.backlist.es/CLA-almas-muertas.html

Un artículo sobre esta novela en pdf:
dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?
codigo=778781&orden=129783&info=link

Sobre a literatura rusa son moi interesantes as páxinas de Sergio Pitol do que recollemos un artículo:

http://www.elpais.com/articulo/elpbabsem/20060211elpbabese_9/Tes/semana/Rusos/edad/oro



















































































http://blogs.periodistadigital.com/libros.php/2006/05/10/vida_e_insolitas_aventuras_del_soldado_i

jueves, 29 de mayo de 2008

Libros de teatro dos séculos XIX e XX




Xoves, 29 de maio de 2008

Teatro dos séculos XIX e XX:

ZORRILLA, J.: Don Juan Tenorio. Cátedra.
MUSSET, A. de: Lorenzaccio.
BÜCHNER, G.: Woizeck./La muerte de Dantón.
IBSEN, H.: Casa de muñecas. Austral.
STRINDBERG, A.: La señorita Julia.
CHÉJOV, A.: El jardín de los cerezos.
--------
SHAW, B.: Pigmalión.
WILDE,O.: El abanico de Lady Windermere.
www.e-libro.net/E-libro-viejo/gratis/windermere.pdf
WEDEKIND: Lulú.
O'NEILL, E.:Deseo bajo los olmos.
JARRY, A.: Ubú, rey.
PIRANDELLO, L.: Seis personajes en busca de un autor.
-Seis persoaxes á procura de autor.
BRECHT, B.: Madre Coraje y sus hijos. Alianza Editorial
CAMUS, A.: El malentendido. Alianza Editorial.
IONESCO, E.: La cantante calva. Alianza Editorial
WEISS,P.: Marat/Sade.
WILLIAMS, T.: Un tranvía llamado Deseo.
MILLER, A.: Muerte de un viajante.
Para atopar libros de teatro. Hai que rexistrarse para poder baixar os textos de autores de todas as épocas.