
lunes, 26 de mayo de 2008
Novas recomendacións de libros de teatro

viernes, 23 de mayo de 2008
Un gran libro para interesarse polos estudios filolóxicos
jueves, 15 de mayo de 2008
Libros de teatro

martes, 6 de mayo de 2008
Fernando Marías estivo con nós
Aviación RepublicanaPOLIKARPOV I-15 ("CHATO")
Despois dunha breve presentación por parte de dúas alumnas de 4º curso, o novelista comezou a falar da súa obra Cielo abajo, editorial Anaya, coleción Espacio Abierto, 2005, pola que recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 2006.
martes, 22 de abril de 2008
Exposición de libros de teatro na nosa biblioteca
Día do Libro





Corral de comedias de Almagro
lunes, 21 de abril de 2008
Un auténtico estímulo á lectura
Luns, 21 de abril de 2008.
Neste fin de semana que pasei en Madrid lín con moito interese coma sempre os textos da campaña de fomento da lectura "Libros a la calle", iniciativa que poñen en marcha o gremio de editores e o gremio de libreiros de Madrid e CEDRO en colaboración co Consorcio de Transportes da Comunidade de Madrid e a Empresa Municipal de Transportes, Cercanías RENFE e Metro de Madrid, xunto coas tres administracións: autonómica, municipal e estatal. Esta campaña, sinxela e intelixente, tenta de facer de cada viaxeiro un lector potencial que aproveita un tempo no bus ou no metro para ler uns textos breves pero moi ben elexidos tanto pola súa variedade xenérica(narrativa, poesía, teatro) como pola amplitude histórica e a calidade dos mesmos. Eu sempre que vou a Madrid percuro os textos, e trato de adiviñar a que todo pertecen o quen son os seus autores. É moi grato comprobar como se disparan as emocións que levan engadidos determinados textos, algúns case xa esquecidos e outros sempre presentes na memoria. Nesta vez chamoume a atención un poema, bilingüe, en Madrid, sí señor, de Celso Emilio Ferreito, e para que conste pego o cartel neste blog:
http://www.librosalacalle.com/web/
Noraboa a todos os que participan nesta campaña e, de paso, xa vai sendo hora de que en Galicia se faga algo semellante. É ben doado.
Para os que desexen ver os textos da campaña:http://www.librosalacalle.com/web/ no apartado Textos, tamén podese entrar nos textos das campañas anteriores.
Juan Gelman, Premio Cervantes
O vindeiro mércores 23 de abril, Día do Libro, o poeta arxentino Juan Gelman recibirá o Premio Cervantes en Alcalá de Henares. Máis información en http://todoporunlibro.blogspot.com/
Podes ver o blog de Juan Gelman:
http://www.juangelman.com/wordpress/?p=323
Un poema do seu libro Mundar:
La manzana
Manzana sola en la fuente,
¿qué hace sin Paraíso? Nadie ve
su cicatriz amarga.
¿Me pregunta a dónde fue el secreto
de irse por tanta puerta
cerrada, alto el crepúsculo
firme, la cara quesueña, sueña, sueña,
sin importar lo que perdió?
En un rincón, el viento
mueve la sombra de las hojas.




