miércoles, 12 de marzo de 2008

¿Que é unha novela gráfica?





Mércores, 12 de marzo de 2008




¿Aínda non sabes que é unha novela gráfica?Non te preocupes porque a verdade é que non existe unha boa definición de novela gráfica. Algúns coidan que o termo indicado sería cómic, porque en realidade unha novela gráfica ten moitísima semellanza coa estructura do cómic.


Para os que non somos tan novos a novela gráfica nos lembra a famosa colección Historia da Editorial Bruguera, onde moitos aprendimos a ler. Os libros tiñan unha parte debuxada en tiras de cómic e unha parte de texto. Así os máis vagos lían primeiro o cómic e despois a parte de libro novelado. Era unha boa opción. Sen nos decatar o libro ía paseniñamente entrando na nosa vida.


Ruto Modan: Metralla (Exit wounds)

Cambian algúns elementos como os textos entre globos ou a separación en cadros dos deseños pero non moito máis se os comparamos cos cómics. Tampouco serve o criterio de calidade dos textos ou dos debuxos porque hai cómics nos que atopamos ambalas dúas cousas. O mellor é que probes por ti mesmo lendo algunha obra fundamental deste tipo de novela gráfica.

Para ter unha información básica:

http://es.wikipedia.org/wiki/Novela_gráfica onde recollen nunha lista as seguintes novelas gráficas:
Hannes Binder/Liza Tetzner:Los hermanos negros (Na biblioteca pública Pontevedra)

300, de Frank Miller
Adolf, de Osamu Tezuka
Ayako, de Osamu Tezuka
Barrio Lejano, de Jiro Taniguchi
Batman: El regreso del Señor de la Noche, de Frank Miller y Lynn Varley
El almanaque de mi padre, de Jiro Taniguchi
El corazón del Imperio, de Bryan Talbot
From Hell, de Alan Moore y Eddie Campbell
Ghost World, de Daniel Clowes
Hicksville, de Dylan Horrocks
Historia de una rata mala, de Bryan Talbot
La autopista del sol, de Baru
Las aventuras de Luther Arkwhright, de Bryan Talbot
Maus, de Art Spiegelman
Palestina, de Joe Sacco
Persépolis, de Marjane Satrapi
Píldoras azules, de Frederik Peeters
Predicador, de Garth Ennis
Sin City, de Frank Miller
Un contrato con Dios, de Will Eisner
V de Vendetta, de Alan Moore y David Lloyd
Watchmen, de Alan Moore y Dave Gibbons
Un largo silencio, de Miguel Ángel Gallardo.
La Casta de los Metabarones, de Alejandro Jodorowsky y Juan Giménez.
Black Sad, de Juan Díaz Canales y Juanjo Guarnido
La ciudad de cristal, de Paul Auster


Sobre a primeira novela gráfica:


http://www.guiadelcomic.com/autores/eisner.htm

De todos os xeitos podes consultar a información dos blogueiros da novela gráficas:

http://www.novelagrafica.es/

http://comic.emiliomartinez.es/?p=44 para a discusión encol do termo.

http://www.68revoluciones.com/ exemplos de novelas gráficas.


http://dreamers.com/web1/i/articulos/e/262/p/articulos/basico.html

En inglés:

http://www.graphicnovelreview.com/

Un número especial de Time coas dez mellores novelas gráficas:

http://www.time.com/time/specials/2007/top10/article/0,30583,1686204_1686244_1692006,00.html

martes, 11 de marzo de 2008

Libros en portugués






Martes, 11 de marzo de 2008


Envíame atentamente Da. Adelaide Lopes, Presidenta da Asociación de Pais do noso Instituto, unha relación de libros en portugués, especialmente de autores da Literatura Brasileira, como Machado de Assis, ou autores da Literatura Universal como Shakespeare ou Dante verquidos ao portugués. Moita grazas.
O enderezo para acceder aos libros é:

Para buscar por autores:

Para buscar a obra:

Un exemplo de conto de Machado de Assis A causa secreta en galego (de O.Ferreiro) e en portugués:



Aproveito a ocasión para recomendar o enlace do Instituto Camoens que é fundamental para coñecer a cultura portuguesa:


Especialmente a Biblioteca Digital Camoes:




miércoles, 5 de marzo de 2008

A fotografía e nós.


Mércores, 5 de marzo de 2008

Todos sabemos da enorme forza expresiva que ten a fotografía. O que non é tan doado é ter coñecimentos da historia da fotografía o da técnica fotográfica. Recollo a continuación algunhas suxerencias para os que desexen iniciarse neste apaixonante mundo.







Un dos mellores libros é o de FRIZOT, Michel: The New History of Photography, Köneman, é un libro moi barato na edición en inglés(35 euros), pero non na versión orixinal francesa 95 euros.
















Para a fotografía en España acaba de aparecer o libro de LÓPEZ MONDÉJAR, Publio: Historira de la Fotografía en España. Fotografía y Sociedad desde sus orígenes hasta el siglo XXI, Círculo de Lectores, 59 euros. É unha obra fundamental, magnífica.

Para botarlle unha ollada a esta obra:
http://www.logopress.es/historiadelafotografia.html











Ofrece fotos dos fotógrafos máis importantes: Les Maitres de la Photographie
André Kertész Brassaï Calendrier Pirelli Dingo Edouard Boubat Frank Horvat Guy Le Querrec Helmut Newton Henri Cartier-Bresson Jacques-Henri Lartigue Jean Dieuzaide Jean-François Jonvelle Jeanloup Sieff Man Ray Marc Riboud Robert Doisneau Sarah Moon Sebastião Salgado William Klein Willy Ronis

http://monsieurphoto.free.fr/index.php?menu=1&Id=26&ss_menu=1

Fotógrafos famosos do A ao Z (en inglés)
http://www.famozz.com/famous-photographers

Máis de museos de fotografía:
http://www.photographymuseum.com/exhibitstart.html

http://www.popphoto.com/americanphoto/

http://www.fotografias.net/categoria/historia-de-la-fotografía
Estudio de movimento


E.J. Marey
Library of Congress departamento de fotografía :
http://images.google.es/imgres?imgurl=http://thinklikeaphotographer.com/Lange-migrantmother.jpg&imgrefurl=http://thinklikeaphotographer.com/History-


Moi completo:
Historia fotografía
• La cámara oscura
• Material fotosensible
• Daguerre, daguerrotipo
• Época del daguerrotipo
• El calotipo, Talbot
• Colidión húmedo, Scott Archer
• La placa seca, Bennet
• Primera pelicula en carrete
• Autochromes Lumière
• Fotografía color Cros i Ducos
• Primera Leica 35 mm
• Instantánea Polaroid Land
Fotógrafos siglo XIX
Fotógrafos siglo XX
Cámaras fotográficas
Objetivos para cámaras
Luz y el color
Componer una fotografía
Como fotografiar
La película fotográfica
Laboratorio fotográfico en http://www.digitalfotored.com/fotografia/histfoto.htm

martes, 4 de marzo de 2008

Máis sobre a memoria.

Martes 4 de febreiro de 2008
Máis recursos para os interesados na memoria e no estudio do cerebro.
http://www.testdeinteligencia.com/categoria.asp?Id_tipo=44&Nombre=Memoria&Categoria=44
Atlas do cerebro (Universidade de Utah e de Harvard)
http://library.med.utah.edu/kw/brain_atlas/
http://www.msu.edu/~brains/brains/human/index.html

http://www.med.harvard.edu/AANLIB/home.html
Ofrece unha síntese do cerebro (en inglés):
http://www.sfn.org/index.cfm?pagename=brainfacts
Museo do cerebro (con exemplos de mamíferos):
http://brainmuseum.org/explore/sample.html

viernes, 29 de febrero de 2008

O club de lectura

Venres, 29 de febreiro de 2008

Xa está funcionando o club de lectura.
Se estás interesado en participar no club tés que falar coa profesora de galego, Sabela ou con Santiago, profesor de lingua española.

Este club tén como eixo fundamental a lectura de libros , sen exames nin probas, e o intercambio de ideas e emocións que xorden da lectura dos mesmos. Tamén queremos invitar aos pais e ás nais dos alumnos a ler cos seus fillos. Para máis adiante tentamos facer un apartado especial de lecturas sobre xoves, ensino e sociedade.

Estamos abertos a todas as iniciativas e suxerencias que se podades aportar. O enderezo é: sebiblio@gmail.com

Despóis de ler os libros haberá unha xuntanza para falar sobre estes libros.A estas xuntanzas están invitados os alumnos e as alumnas que o desexen. Das nosas actividades daremos información neste blog da biblioteca.

Imos ler os seguintes libros:
Para ESO:
SERRA i FABRA, Jordi: Kafka y la muñeca viajera. Editorial Siruela, Premio Nacional de Literatura infantil y juvenil 2007.

Para 2º ciclo de ESO:
CALDERS, P.: La ruleta rusa y otros cuentos. Anagrama.





Para Bacharelato:





AUSTER, P.: La noche del oráculo. Anagrama.
http://www.paulauster.co.uk/body.htm (en inglés)
VARGAS, Fred: Huye rápido, vete lejos. Punto de lectura.
Sobre esta escritora francesa podese consultar o artículo de EL PAÍS:

jueves, 28 de febrero de 2008

A importancia da memoria na nosa vida

Xoves, 28 de febreiro de 2008



Un grupo de alumnos está facendo un traballo sobre a memoria. A partir das lecturas de libros encol das bases biolóxicas e psicolóxicas da memoria iremos dando información.
Na actualidade case ninguén fala de ter unha boa memoria porque se considera algo negativo para a persoa. En realidade unha boa memoria é un ben inestimable que resolve moitísimos problemas e que si se estimula pode acadar un desenvolvimento extraordinario. A aprendizaxe necesita dunha boa memoria a longo prazo.
Imos propor uns enderezos con exercicios para traballar a memoria:

http://www.ocu.org/map/src/217161.htm son sinxelos pero están ben para probar.

http://www.lanacion.com.ar/Archivo/nota.asp?nota_id=785631 para entrenar a memoria.

http://junior.discapnet.es/Joven/Faqs/Memoria.htm a memoria e os xoves.

http://www.elmundo.es/elmundo/2007/12/04/ciencia/1196766018.htmlUn chimpancé ten mais memoria que ti.
Recomendacións de películas nas que se trata este tema:

Olvídate de mí de Michel Gondry




Memento de C. Nolan




Recuerda de A. Hitchcock




miércoles, 27 de febrero de 2008

A Arquitectura. Información para os que pensen estudiar esta carreira ou para os curiosos.




Mércores, 27 de febreiro de 2008





Para comezar reproduzo un fragmento dun maravilloso debuxo da construción do Escorial. Esta imaxe aparece recollida na obra de Catherine Wilkinson Zerner: Juan de Herrera, arquitecto de Felipe II, Akal Arquitectura, Madrid, 1996.


O autor deste deseño pode ser Fabricio Castello(?), é de hacia 1576. O propietario da imaxe é Lord Salisbury e gardase en Hatfield House.



Para calquera persoa que teña diante dos seus ollos esta imaxe a primeira impresión é a tarefa inmensa que se está producindo nese momento. Por outra banda, estamos acostumados a ver as obras do pasado feitas, rematadas como si sempre estivesen así. Neste caso vemos o proceso, os materiais dispostos, os guindastres e ata os homes que circulan polo medio da obra sen casco. Eran outros tempos e morrían homes arreo na obras. Para o que desexe ler unha gran novela a miña recomendación é Memorial do convento de José Saramago (en portugués(editorial Caminho) ou na tradución ao español(Seix Barral).







Pero estabamos a falar da Arquitectura e espertar a curiosidade no noso alumnado. Velahí outra imaxe: Brueghel, el Viejo: A contrución da Torre de Babel, do KunstMuseum de Viena.
O escritor Juan Benet, que era enxeñeiro de profesión, escribiu un documentado ensaio sobre esta obra:
Pieter Brueghel el Viejo y la construcción de la torre de Babel, editorial Siruela.



É agora imos ao presente coas seguintes recomendacións de libros e páxinas de internet.
Para a arquitectura en Galicia é imprescindible a obra:

LLANO, Pedro de: Arquitectura popular en Galicia. Razón e construcción. Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, A Coruña, 1996. ( Hai unha edición anterior na nosa biblioteca).

GÖSSEL, Peter y LEUTHÄUSER, Gabrielle: Arquitectura del siglo XX. Taschen, Colonia, 1997.

FRAMPTON, Kenneth: Historia Crítica de la Arquitectura Moderna. Gustavo Gili, 9ª ed.
Barcelona, 1998.

Un libro sobre os xoves arquitectos:
THOMPSON, Jessica Corgill: 40 architects under 40. Taschen, Colonia, 1997.

Enderezos de internet (información de meu fillo Jaime, grazas):

Novas sobre arquitectura, urbanismo e novas tecnoloxías aplicadas á construción. Intervencións nas cidades. O mais rechamante as Torres bioclimáticas de Vallecas nas fotos flickr. Bravo, Domenico.
http://ecosistemaurbano.org/?p=237


Plataforma arquitectura é un sitio da Universidade de Chile de gran interese e que ten moita información doutros sitios:
http://www.plataformaarquitectura.cl/

Outra moi boa con novas de arquitectura, deseño, fotografía, exposicións :
http://www.edgargonzalez.com/
Novas en EL PAÍS sobre o catálogo da arquitectura española (1901-2000):
http://www.archxx-sudoe.es/ enderezo do catálogo.

http://www.elpais.com/articulo/cultura/siglo/arquitectura/Red/elpepucul/20071129elpepicul_1/Tes

E para rematar hai que decir que unha das obras mais importantes da arquitectura española do século XX está en Pontevedra, na Caeira, a Casa Domínguez, obra de Daniel de la Sota. É unha propiedade privada pero os seus donos que son amabilísimos están dispostos a amosar a súa casa aos interesados nesta xoia da modernidade.